Saab 105 é un avión de adestramento sueco de á alta desenvolvido a principios dos anos 60 como empresa privada por Saab AB. A Forza Aérea de Suecia, que optara por adquirir o tipo para varios roles, mercou o avión coa designación Sk 60. O Sk 60 entrou en servizo en 1967, substituíndo á vella frota de de Havilland Vampire. Falouse de mercar o Folland Gnat, pero este converteuse en fonte de inspiración.

A Forza Aérea de Suecia mercou total de 150 avións e outros 40 exportáronse a Austria, coa designación Saab 105Ö. O Saab 105 tamén é o avión utilizado polo equipo acrobático da Forza Aérea de Suecia, o Team 60, e no pasado foi usado por dous equipos acrobáticos da Forza Aérea de Austria, "Karo As" e "Silver Birds".

Desenvolvemento En 1959 Saab iniciou o desenvolvemento do avión que posteriormente sería designado como o Saab 105. A compañía decidira desenvolver o avión como unha empresa privada coa intención de que o tipo fose capaz de realizar varios roles civís e militares. Militarmente o 105 podía ser operado como adestrador a reacción, realizar recoñecemento aéreo e ataques a terra, e tiña tamén unha limitada capacidade como interceptor."Saab 105: Twin-Jet Trainer and Light Attack Aircraft." Flight International, 21 de maio de 1964. p. 5 Entre os diversos roles planeados para o avión, Saab propuxo unha configuración de cabina de reactor executivo con catro ou cinco asentos para clientes corporativos.Phillips, Phillips e Phillips, p. 57 Na época, o 105 foi un dous poucos pequenos avións europeos en ser equipados cun turboventilador, un feito que supostamente era de interese para os clientes corporativos.Fricker, John. "Building Boom in Foreign Bizjets." Flying Magazine, June 1964. Vol. 74, No. 6. ISSN 0015-4806. pp. 39, 100-3. O 105 tiña a intención de lanzar a Saab ao mercado dos reactores executivos; porén, finalmente non apareceu ningún cliente deste tipo e Saab elixiu centrarse nos clientes militares.Eliasson 2010, p. 80

A Forza Aérea de Suecia comprometéranse con Saab a que, se o prototipo tiña un rendemento favorable durante as probas de voo, podería facer un pedido de polo menos 100 avións.Phillips, Phillips e Phillips, p. 56 En decembro de 1961 o goberno sueco anunciou que autorizaba á forza aérea a patrocinar o desenvolvemento e fabricación dun prototipo do Saab 105 cunha configuración de adestrador."World News: Swedish Air Force Adopts the Saab 105." Flight International, 4 de xaneiro de 1962. O 29 de xuño de 1963 este primeiro prototipo realizou o seu voo de estrea.Chant 2014, p. 457 O programa de probas de voo revelou cedo que o tipo tería unhas boas características de manexo e que sería capaz de realizar manobras acrobáticas.Indian Aviation, Volumes 38-39. 1965, p. 153 En marzo de 1965 un prototipo foi enviado ás instalacións de Turbomeca en Pau, Francia, para realizar máis probas do motor Turbomeca Aubisque."Saab 105 in France." Flight International, 15 de abril de 1965. p. 612.

O 6 de marzo de 1965 a Forza Aérea de Suecia recibiu a autorización do goberno sueco para realizar un pedido por unha cantidade inicial de 130 Saab 105. O avión sueco dividiuse en tres variantes principais, a Sk 60A para tarefas de adestramento e ligazón usando unha configuración de catro asentos, a Sk 60B para misións de ataque lixeiro con dous asentos un ao lado do outro, e a Sk 60C de ataque e recoñecemento, equipada con varias cámaras no morro do aparello para ese último rol.

Unha versión mellorada, designada Saab 105Ö, foi mercada por Austria como avión multirrol lixeiro coa intención de despregalos nos roles de adestrador, recoñecemento, intercepción e ataque a terra. Co obxectivo de cumprir os requisitos especificados pola Forza Aérea de Austria, o 105Ö ten varias diferenzas clave, como cambios na aviónica, a adopción dunha á reforzada para levar máis munición e equipamento baixo ela, e unha versión máis potente do motor Turbomeca Aubisque, que proporcionaba un mellor rendemento cando se operaba en bases a grande altitude.

Deseño miniatura|251x251px|Saab 105 aterrando en Visby O Saab 105 foi desenvolvido para funcionar como un avión multirrol pequeno e barato, sendo utilizado principalmente como adestrador. Trátase dun avión bimotor totalmente metálico cunha cabina presurizada. Conta cunha configuración coa cola en T, á lixeiramente en frecha, e un par de motores montados a cada lado da fuselaxe xusto detrás das ás.

O 105 pode equiparse con varios tipos de armamento e equipamento para realizar unha ampla gama de tarefas, instalándose a meirande parte nos seis puntos de ancoraxe baixo as ás. Nun rol de ataque ao chan e apoio próximo, o 105 pode empregar unha combinación de foguetes non guiados de 135 mm, 127 mm e 75 mm, mísiles aire-superficie e distintos tipos de bombas, incluídas bombas de napalm; poden tamén instalarse un par de canóns de 30 mm ou metralladoras de 7,62 mm en vaíñas. No rol de defensa aérea poden empregarse mísiles aire-aire AIM-9 Sidewinder ademais dos canóns. Ademais, co fin de transportar un máximo de dous pasaxeiros, poden instalarse asentos de exección máis pequenos para o piloto e o copiloto e pode poñerse un banco detrás deles para os pasaxeiros. O Saab 105 tamén pode realizar misións de recoñecemento xenéricas ou misións de vixilancia máis especializadas, tendo a opción de poder ser equipado con equipo de detección de radiación para mostraxe atmosférica. Co equipamento axeitado o 105 pode converterse rapidamente entre un adestrador e un avión de ataque lixeiro.

O Saab 105 foi normalmente construído cun par de motores turboventilador de baixo índice de derivación Turbomeca Aubisque, fabricados baixo licenza por Volvo Flygmotor como o RM9. O motor Aubisque proporciona unha características de saída favorables, permitindo ao avión engalar con éxito no evento do fallo dun motor no momento crítico. Este non foi o único motor usado polo avión, xa que varios 105 recibiron o General Electric J85 no seu lugar. Os avións da Forza Aérea de Suecia foron reconstruídos durante os anos 90 para usar o máis novo Williams International FJ44, que foi designado como RM15.

Notas

Bibliografía

Chant, Christopher. A Compendium of Armaments and Military Hardware. London: Routledge, 2014. .

Eliasson, Gunnar. Advanced Public Procurement as Industrial Policy: The Aircraft Industry as a Technical University. Springer Science & Business Media, 2010. .

Phillips, Almarin and A. Paul Phillips, Thomas R. Phillips. Biz Jets: Technology and Market Structure in the Corporate Jet Aircraft Industry. Springer Science & Business Media, 2012. .

Categoría:Aeronaves de Saab Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1963 Categoría:Aeronaves de adestramento militares