Sergei Zaliotin, nado en Shchókino (Rusia) o 21 de abril de 1962, é un astronauta ruso que formou parte das misións Soiuz TM-30, Soiuz TMA-1 e Soiuz TM-34.

Traxectoria Zaliotin graduouse na Escola Militar Superior de Borisoglebsk en 1983. En 1994 graduouse no Centro Internacional de Sistemas de Adestramento con especialidade na xestión de aplicacións ecoloxicamente equilibradas para sistemas aeroespaciais. Foi seleccionado como candidato a astronauta en 1990, completando o seu adestramento en 1992. Participou nas misións Soiuz TM-30, Soiuz TMA-1 e Soiuz TM-34, pasando un total de 83,69 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA-1 Soiuz TM-30 Soiuz TM-34

Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados no óblast de Tula