Dacre Kayd Montgomery-Harvey, nado en Perth (Australia Occidental) o 22 de novembro de 1994, é un actor australiano. É principalmente coñecido por interpretar a Billy Hargrove na serie de Netflix Stranger Things e a Jason Scott, no reboot de 2017 Power Rangers. O 11 de xullo de 2019, lanzou un podcast titulado "DKMH", o cal presenta a súa propia poesía.

Traxectoria Fillo de nai canadense, Judith Barrett-Lennard, e pai neozelandés, Scott Montgomery-Harvey. Ten unha irmá máis nova, Saskia. Seus pais traballaron na industria do cinema en Australia. Dacre comezou a actuar en pantalla e no teatro con nove anos. Montgomery asistiu á escola Mount Lawley Senior High School na súa cidade natal. Cando Montgomery cursaba o duodécimo curso, os seus compañeiros votaron por el como "O estudante máis probábel de devir unha estrela de Hollywood" no anuario. Montgomery continuou os seus estudos nas artes dramáticas ao longo da súa educación secundaria. Montgomery obtivo o seu título de actor na WAAPA da Edith Cowan University en 2015.

Filmografía

Filmes AnoTítuloPapelNotas2011Betrand the TerribleFred2015Godot's ClinicBarnabus Stottle2017A Few Less MenMike2017Power RangersJason Scott / Ranger vermello2017Better Watch OutJeremy2020The Broken Hearts GalleryNick Danielson2022ElvisSteve BinderPost-produción

Televisión AnoTítuloPapelNotas2017–2019Stranger ThingsBilly HargroveElenco principal (tempadas 2–3)

Vídeos musicais AnoTítuloArtistaPapelDirector2015"Old Souls"Make Them SufferRobertJason Eshraghian2017"Chateau"Angus & Julia StoneLíderJessie Hill Notas

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Australianos de ascendencia neozelandesa Categoría:Actores de Australia Categoría:Nados en Perth