A Universidade de Novo México (UNM) (en , en inglés: University of New Mexico) é unha universidade pública de Albuquerque, Novo México, EUA. Foi fundada en 1889 e ofrece servizos a nivel de grao, posgrao e técnico en diversos campos. O seu campus de Albuquerque ten aproximadamente 2,4 km², con campus adicionais en Gallup, Los Alamos, Rio Rancho, Taos e Los Lunas.
Historia miniatura|250x250px|esquerda|Hodgin Hall, primeiro edificio do campus. A fachada foi reformada e agora é utilizada polos estudantes. A universidade foi fundada o 28 de febreiro de 1889, coa aprobación da lei número 186 na Asemblea Lexislativa de Novo México, que estipulaba a creación dunha institución nas aforas de Albuquerque, no condado de Bernalillo, a só 3 quilómetros ao norte da estrada. Bernard Shandon Rodey, un xuíz do Territorio de Novo México, meteu presión para que a localización do campus fose en Albuquerque e foi un dos autores do estatuto que creou a universidade.
O galego Ramón Martínez López foi profesor visitante nesta universidade.
Jack Dongarra, matemático premio Turing, formouse na Universidade do Novo México.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio oficial Páxina web de UNM Athletics
Categoría:Novo México Novo México