A bolboreta flama (Dryas iulia) é unha especie de lepidóptero pertencente á familia Nymphalidae. É o único membro do xénero Dryas e ten catorce subespecies.
Descrición As súas ás teñen unha forma alongada e cor alaranxada con estreitas marxes negras. As femias teñen un ton máis escuro que os machos. Os ovos son de cor amarela-limón. En estado larval despide substancias químicas tóxicas para as súas predadores. A eiruga desenvólvese sobre especies de Passiflora.
Distribúese desde o sur dos Estados Unidos até o Paraguai.
Imaxes
Subespecies
Dryas iulia iulia - Descrita por Fabricius en 1775, de exemplar proveniente de Porto Rico. Dryas iulia fucatus - Descrita por Boddaert en 1783, de exemplar proveniente da República Dominicana. Dryas iulia delila - Descrita por Fabricius en 1775, de exemplar proveniente de Xamaica. Dryas iulia alcionea - Descrita por Cramer en 1779, de exemplar proveniente do Suriname. Dryas iulia dominicana - Descrita por Hall en 1917, de exemplar proveniente da Dominica. Dryas iulia framptoni - Descrita por Riley en 1926, de exemplar proveniente de San Vicente e as Granadinas. Dryas iulia lucia - Descrita por Riley en 1926, de exemplar proveniente de Santa Lucía. Dryas iulia carteri - Descrita por Riley en 1926, de exemplar proveniente das Bahamas. Dryas iulia moderata - Descrita por Riley en 1926, de exemplar proveniente de Honduras. Dryas iulia nudeola - Descrita por Bates en 1934, de exemplar proveniente de Cuba. Dryas iulia warneri - Descrita por Hall en 1936, de exemplar proveniente de Saint Kitts e Nevis. Dryas iulia martinica - Descrita por Enrico & Pinchon en 1969, de exemplar proveniente da Martinica. Dryas iulia largo - Descrita por Clench en 1975, de exemplar proveniente da Florida (Estados Unidos). Dryas iulia zoe - Descrita por Miller & Steinhauser en 1992, de exemplar proveniente das illas Caimán.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Lepidópteros de América Central Categoría:Lepidópteros Categoría:Lepidópteros de América do Sur Categoría:Insectos de América Central Categoría:Insectos de América do Sur