Txoria txori («O paxaro paxaro é») é un poema en éuscaro escrito por Joxean Artze en 1957. En 1968 Mikel Laboa musicouno e publicou a canción no álbum Bat-Hiru (1974), coa que obtivo grande éxito.

A canción tamén é coñecida como «Hegoak» («Les ailes» en francés ou «As ás» en galego), trala versión de Anne Etxegoien. En 2014 a cantante vascofrancesa conseguiu un Disco de Ouro en Francia, con máis de 60.000 copias, e estivo no top 10 dos máis vendidos no país galo.

Letra miniatura|Josean Artze, autor do poema miniatura|Mikel Laboa, autor da melodía

A letra O poema que Artze escribiu con 25 anos trata sobre a liberdade e a posesión, o dominio e o respecto entre as persoas e animais. Deste xeito, expón o dilema que se presenta cando se quere a unha persoa ou un animal.

Por unha banda, pódese atar a persoa e posuíla coma unha ave nunha gaiola, co que deixa de ser a persoa (a ave) que nos fascina. Por outra banda, existe a opción de amar esa persoa na súa forma de ser natural e respectala, de forma que se quere marchar, poida facelo en calquera momento.

A melodía En 1968, estando Mikel Laboa e a súa muller Marisol Bastida no restaurante Aurrera de Donostia, viron impresos os versos do poema de Artze nos panos de mesa. Mikel levou un deles á casa e compuxo unha melodía para o poema. A canción podíase interpretar como «un acto de resistencia contra o franquismo, que prohibía o éuscaro» e calquera lingua que non fose a castelá.

Versións Sobre as versións, Artze declarou sentirse emocionado de «ver tantas persoas diferentes interpretalo de maneiras tan diversas».

ArtistaTítuloÁlbumAnoDiscográficaMikel Laboa«Txoria txori»Bat-hiru1974ElkarlaneanL'Arcusgi«Egoak»Resistenza1988RicorduHegoak«Hegoak»Hegoak1989AgorilaEtsaiak«Txoria txori»Gerra Zikina1990Esan OzenkiAngel Katarain«Txoria txori (Lekeitio)»Txerokee, Mikel Laboaren Kantak1990ElkarCarmen Leñero«Txoria txori»Almuerzo en la Hierba1997AMFM Records / Opción Sonica USAJoan Baez«Txoria txori»Diamonds & Rust in the Bullring1998Gold CastlePortobello Bones«Hasta cierto punto»Refuse to keep silence1998PBB/Crash DiscErrobi Kanta«Txoria txori - Oi gu hemen»Euskal Kulturaren Mezulari - Baiona1998Idol/AgorilaItxaso & Daniel Pérez with Gorka Benítez«Txoria txori»New land-Lur berria2000Fresh Sound-World Jazz2B2R«L'auzel (Hegoak)»D'aïci, d'ailleurs2003Ester Formosa«Txoria txori»Perquè vull i altres cançons imprescindibles. 2004Ventilador Music Ontuak«Hegoak»Hola Festa!2004Idol/AgorilaMaialen Errotabehere, Mixu eta Xabaltx«Hegoak»MMX2008AgorilaJohn Kelly & Maite Itoiz, The Kelly Family«Txoria txori»The Blue Elf'S Dream - The Live Show2009Kepa Junkera (Pablo Milanésekin batera)«Txoria txori»Kalea2009WarnerHak'Amarra«Txoria txori»Bidaian2011ElkarAnne Etxegoien eta Aizkoa«Hegoak (Les ailes)»Les Voix Basques2013Otentik Produons /Sony Music Battista Acquaviva«Hegoak - Txoria Txori»Les chants de libertés2015Decca Records / Universal Music GroupSonakay«Txoria txori»2016 NAO«Txoria txori»Ata que o lume se apague2018Estudios Garate Salvador Sobral «Txoria txori»2018Moonshine Wagon«Txoria txori»Straight from the Mud2019Moonshine WagonIsseo & Dodosound«Txoria txori»Same Love2019Mundo Zurdo

Notas

Categoría:Cancións en lingua éuscara