Jozef Štibrányi, nado en Vlčkovce, República Eslovaca, o 11 de xaneiro de 1940, é un exfutbolista eslovaco.
Traxectoria Militou en varios equipos checoslovacos como o Spartak Trnava ou o Dukla Praha e foi internacional coa selección de Checoslovaquia. Disputou o Mundial de 1962 en Chile, formando parte do combinado checoslovaco que alcanzou a final, perdendo contra o Brasil de Garrincha e Pelé. Marcou un gol durante o torneo, na vitoria por 1-0 contra España no estadio Sausalito de Viña del Mar, chegando só á área e superando cun disparo bombeado ao porteiro vasco Carmelo Cedrún.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Datos do xogador no sitio web da Asociación de Fútbol da República Checa .
Categoría:Nados en 1940 Categoría:Nados no kraj de Trnava Categoría:Futbolistas de Eslovaquia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Checoslovaquia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1962 Categoría:Xogadores do FC Spartak Trnava