Ramón Toimil Saavedra, nado en Mugardos o 6 de abril de 1943 e finado no mesmo concello o 8 de febreiro de 2020, foi un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Operario de Bazán. Afiliado do PSdeG-PSOE dende 1981,Entrevista en La Voz de Galicia, Ferrol, 13-5-1993, p.45. foi concelleiro en Mugardos tralas eleccións municipais de 1983 e 1987, cando encabezou a candidatura Rosa Gómez Limia. Foi candidato á alcaldía nas municipais de 1991 e foi elixido alcalde co apoio do PPdeG, feito polo cal foi expulsado do partido xunto cos demais concelleiros,La Voz de Galicia, 20-6-1991, p.24. dado que se lles indicara que debían favorecer a investidura de Esquerda Unida, que fora a candidatura máis votada. Porén, dita suspensión foi levantada por Ferraz en decembro de 1994, e en xaneiro de 1995 volveron formar parte do PSdeG,La Voz de Galicia, Ferrol, 31-1-1995, p.34. sendo de novo candidato á alcaldía por esta formación nas eleccións municipais dese mesmo ano. Nestas, foi reelixido alcalde como cabeza da candidatura máis votada, gobernando en minoría. Tralas municipais de 1999 volveu ser elixido, pero nesta ocasión mediante un pacto con Esquerda de Galicia e o BNG. Nas municipais de 2003 perdeu a alcaldía en favor do BNG, co que gobernou en coalición ata setembro de 2005.El PSOE de Mugardos romperá su pacto con el BNG Non se presentou de novo en 2007 e retirouse da primeira liña política.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Mugardos

Ligazóns externas Fallece el histórico exalcalde socialista de Mugardos Ramón Toimil

Categoría:Alcaldes de Mugardos Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Mugardos Categoría:Finados en 2020