Fernando Campos Castro, nado en Moeche o 17 de setembro de 1952, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Hostaleiro e fotógrafoLa Voz de Galicia, Ferrol, 6-6-1987, p.43.. Membro do PSdeG-PSOE, formou parte da súa candidatura en Moeche nas eleccións municipais de 1983. Porén, a posición do partido ante o Referendo sobre a permanencia de España na OTAN en 1986 supuxo que o abandoase e que nas municipais de 1987 encabezase a candidatura Agrupación Veciñal Independente ProgresistaEntrevista en La Voz de Galicia, Ferrol, 8-4-1993, p.39., sendo elixido alcalde co apoio dos dous edís PSdeG-PSOE. Regresou ó PSdeG e encabezou a súa candidatura nas municipais de 1991, conseguindo a vitoria e sendo reelixido alcalde en coalición coa CNG. Optou por non presentarse á reelección en 1995 e retirouse da política.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Moeche

Categoría:Alcaldes de Moeche Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Moeche Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes