Dólar Lafayette"1 Dollar Lafayette". Numista.com"Lafayette Dollar". United States Mint.140x140px140x140pxA/: Cabezas acaroadas de Lafayette e de Washington. Lenda: * UNITED · STATES · OF · AMERICA * LAFAYETTE · DOLLARR/: Monumento ecuestre a Lafayette. Lenda: ERECTED · BY · THE · YOUTH · OF · THE · UNITED · STATES · IN · HONOR · OF · GEN · LAFAYETTE / PARIS * 1900 Valor: 1 dólar. Gravador: Charles E. Barber. Datas de emisión: 1899 (a moeda amosa 1900). Ceca: US Mint:ceca de Filadelfia (sen marca de ceca). Tiraxe: 50.026 exemplares (dos que se fundiron 14.000). Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 3,1 mm. Canto: estriado.

O dólar Lafayette é unha moeda de prata con valor facial dun dólar emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos co gallo da participación deste país na Exposición Universal de París de 1900.

A moeda, obra do gravador xefe da US Mint Charles E. Barber, caracterízase pola representación das cabezas do Marqués de Lafayette e de George Washington no seu anverso e un monumento ecuestre a Lafayette no seu reverso.

Trátase do único dólar de prata conmemorativo emitido nos Estados Unidos antes de 1983 e da primeira moeda estadounidense en reproducir a efixie dun cidadán dese país.

A partir de 1898, persoeiros sobranceiros dos Estados Unidos promoveron a erección en París dun monumento a Lafayette, un nobre francés que loitara na Guerra de Independencia estadounidense. Entre estas persoas achábase o empresario de Chicago Ferdinand Peck, a quen o presidente William McKinley elixiu como comisario xeral da participación dos EEUU na Exposición de París. Peck logrou que a proposta de monumento formase parte do proxecto do seu país para a exposición, e nomeou a Comisión Conmemorativa de Lafayette para recadar fondos con ese fin. Como parte da recadación, creouse a moeda conmemorativa dun dólar de prata coñecida como "dólar Lafayette", cuxa emisión foi autorizada polo Congreso o 3 de marzo de 1899.

Barber sinalou que as cabezas do anverso estaban inspiradas nunha escultura de Jean-Antoine Houdon —para Washington— e nunha medalla de 1824 de François-Augustin Caunois —para Lafayette—. Pola súa banda, para o reverso utilizou un primeiro esbozo do monumento deseñado polo estadounidense Paul Wayland Bartlett, cuxo apelido se reproduce na base da estatua, neste reverso.

Os dólares Lafayette non se esgotaron na súa posta á venda para a recadación de fondos, polo que das 50.026 inicialmente cuñadas 14.000 foron novamente fundidas.

Antecedentes e contexto

A figura de Lafayette

Gilbert du Motier de Lafayette naceu o 6 de setembro de 1757 nunha familia da nobreza francesa.Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 17. Aos dous anos de idade, o seu pai morreu na batalla de Minden, a partir do cal herdou unha considerable fortuna, sendo aínda un neno. Lafayette casou en 1774.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 17-18. miniatura|288x288px|O primeiro encontro de Washington e Lafayette. Filadelfia, 3 de agosto de 1777. En 1775, durante o seu servizo militar en Metz, tivo coñecemento da Revolución Americana nas Trece Colonias e, sendo aínda un oficial novo, considerou xusta a causa americana. Ao se informar de que o Congreso Continental carecía de fondos, Lafayette alugou un buque pola súa conta en 1777 e partiu cara a América, onde en principio recibiu un acollemento frío por parte do Congreso, aínda que finalmente foi aceptado, en parte polos informes do enviado estadounidense en Francia, Benjamin Franklin, que indicaban que Lafayette pertencía a unha familia rica e influente.Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 18.

O Congreso votou en xullo de 1777 para comisionar a Lafayette como xeneral de división e enviouno a coñecer a George Washington, con quen axiña estableceu unha relación moi estreita. Lafayette amosouse desde o principio desexoso de servir na fronte e resultou ferido na batalla de Brandywine, en setembro de 1777. Francia non tardou en entrar na guerra no bando estadounidense e foi decisiva na vitoria final.Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 18.

Lafayette retornou a Francia en 1781 convertido nun heroe nacional en ambos os países, e fixo unha nova visita aos Estados Unidos en 1784. En Francia, involucrouse na política para favorecer unha monarquía constitucional, e chegou a ser membro da Cámara dos Deputados.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 18-19.

En 1824, o Congreso dos Estados Unidos votou por unanimidade para que o presidente James Monroe convidase a Lafayette a regresar como invitado pola nación. O marqués e o seu fillo, que non en van se chamaba George Washington Lafayette, arribaron a Nova York en medio de grandes celebracións e durante un ano e medio Lafayette visitou os daquela 24 estados. En 1825 regresou a Francia, onde faleceu en 1834.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 17, 19.

Lafayette foi unha das oito persoas que recibiu a honra de ser nomeado "cidadán honorario dos Estados Unidos"Bowman, B. (2014). "Bernardo de Gálvez y Madrid's Very Good Year". En Roll Call. 29 de decembro. Consonte Arlie Slabaugh, no seu libro sobre as moedas conmemorativas dos EEUU, "Lafayette fíxose tan popular e respectado en ambos os países que a amizade que estableceu entre eles se prolongou ata os nosos días".Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 18.

A Exposición Universal de París de 1900

miniatura|Cartel anunciador da Exposición Universal de París de 1900. En marzo de 1898 presentouse no Congreso dos Estados Unidos unha proposta para a creación dunha comisión encargada de erixir un monumento a Lafayette en París en nome dos Estados Unidos, que posteriormente foi aprobada polo Senado. O empresario e filántropo de Chicago Ferdinand Peck testificou en apoio deste proxecto, aínda que inicialmente non foi aprobado pola Cámara de Representantes por mor das maiores urxencias provocadas pola guerra hispano-estadounidense.Peck, F. W. (1901). Páxina 169

No mesmo ano, o presidente William McKinley designou a Peck como comisario xeral dos Estados Unidos para a Exposición Universal de París de 1900, e este reavivou a idea do monumento como parte dos actos da Exposición, para o que nomeou unha comisión, que debería lograr a inauguración do monumento o 4 de xullo de 1900 —Día da Independencia dos EEUU e xornada dedicada a este país na Exposición—. Entre os membros desta comisión figuraba o Controlador da Moeda, Charles G. Dawes, e o secretario, Robert J. Thompson.Peck, F. W. (1901). Páxinas 169-170.

Emisión dunha moeda conmemorativa: o dólar Lafayette Concepción da idea A recadación de fondos para a erección do monumento a Lafayette foi unha das principais encomendas da comisión,Peck, F. W. (1901). Páxina 170. e un dos medios propostos foi a creación dunha moeda conmemorativa. A principios de 1899, a comisión solicitou unha asignación de 50.000 dólares en forma de 100.000 moedas de medio dólar conmemorativas, que poderían venderse ao público cunha prima para obter fondos. Este método xa axudara a financiar a Exposición Mundial Colombiana de Chicago, en 1893, coa creación do medio dólar colombiano. No canto dunha moeda de medio dólar, o Congreso aprobou o 3 de marzo de 1899 unha lei que asignaba a cantidade de 50.000 dólares en forma de moedas dun dólar de prata, que se debería cuñar para a ocasión. O Congreso indicou que o metal para a súa produción debería adquirirse no mercado aberto e non proceder das existencias da Casa da Moeda, e fixou un límite máximo para o seu custo en 25.000 dólares. Para este fin, o Tesouro adquiriu 38.675,875 onzas troy de prata por 23.032,80 dólares. Os deseños deberían ser seleccionados polo director da Casa da Moeda, coa aprobación do secretario do Tesouro.Bowers, Q. D. (1992). Páxinas 113-114.Lange, D. W. (2006). Páxinas 122, 126.Bureau of the Mint (1904). Páxinas 88-89.

Preparación miniatura|Retrato de Charles E. Barber, gravador xefe da US Mint, autor dos cuños do dólar Lafayette. Logo da aprobación, o gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Charles E. Barber, fíxose cargo persoalmente do proxecto para tratar de evitar demoras e as disputas que se crearan nas dúas conmemoracións anteriores: o medio dólar colombiano e o cuarto de dólar isabelino.Taxay, D. (1967). Páxina 14.

O 24 de marzo de 1899, o director da Casa da Moeda, George E. Roberts, escribiulle unha carta á comisión do monumento conmemorativo de Lafayette na que se amosaba o seu desexo de que unha representación do monumento figurase nunha das faces da nova moeda dun dólar. Barber contactou o día seguinte ao superintendente da Casa da Moeda de Filadelfia, Henry Boyer, facendo referencia á carta anterior, e solicitoulle un esbozo do monumento.Flynn, K. (2008). Páxina 248.

O 12 de abril de 1899, o secretario da comisión fíxolle chegar ao gravador xefe un esbozo preliminar do monumento: unha estatua ecuestre de Paul Bartlett. Barber esbozou tamén outros deseños, entre eles un co texto do discurso de Lafayette en 1784 sobre a prosperidade dos Estados Unidos, e outro cunha figura de Lafayette en pé, por se se consideraba omitir a representación do cabalo. Mais a proposta exitosa consistiu no concepto de Barber das cabezas de Lafayette e de Washington nunha face da moeda, e a estatua ecuestre de Lafayette na outra. O director, Roberts, aprobou axiña esta proposta e, sen consultar previamente coa comisión, filtrou o esbozo ao American Journal of Numismatics, da American Numismatic Society, que o publicou no seu número de 1899.Taxay, D. (1967). Páxina 15.

miniatura|Busto de Washington obra de Jean-Antoine Houdon, baseado nun molde feito cunha máscara sobre a súa cara en 1786."George Washington". National Portrait Gallery.

miniatura|Busto de Washington no anverso da medalla de Pierre-Simon-Benjamin Duvivier, baseada na estatua de Houdon."LOT #28010: 1776 Washington Before Boston "Comitia Americana". Heritage Auctions. 17 de setembro de 2008.

O 23 de maio dese ano, Barber escribiulle a Roberts para lle comentar que pensaba tomar como referencia para o busto de Washington do anverso a escultura de Jean-Antoine Houdon de 1786 e a súa posterior translación a unha medalla ese mesmo ano, gravada por Pierre-Simon-Benjamin Duvivier. Pola súa banda, a cabeza de Lafayette que acompaña a de Washington no anverso baseouse no busto aparecido nunha medalla de François-Augustin Caunois datada en 1824.

miniatura|Medalla de Lafayette, obra de F. A. Caunois (1824)."LOT #7291: Lafayette Medal". Heritage Auctions. 3 de xuño de 2005.

Peck e outros membros da comisión amosaron a súa insatisfacción por estas propostas para o deseño do anverso e fixeron as súas propias, que Barber criticou nunha carta remitida ao director Roberts o 8 de xuño. Peck propuña incluír o mencionado texto da declaración de Lafayette de 1784 e, ademais, que se se representasen no anverso só as caras de Washington e de Lafayette, no canto de apareceren as cabezas enteiras. Ante esta proposta, Barber declarou:

Seguindo as instrucións de Roberts, Barber foi a Nova York para se reunir con Peck durante os días 14 e 15 de xuño. A continuación, Barber informou o director da Casa da Moeda acerca do resultado das entrevistas, sentenciando: "Creo que non imos oír falar máis da oración de Lafayette". Segundo Barber, Peck asumía agora que o espazo dispoñible nunha moeda era moi limitado, mesmo se esta era do tamaño das dun dólar —a máis grande do sistema monetario estadounidense—, polo que o texto de Lafayette non podería figurar nela.Taxay, D. (1967). Páxina 17.

A proposta da comisión era a de representar a estatua na moeda sen o seu pedestal, o cal Barber consideraba como algo que lle podería facilitar o seu labor á hora de gravar os cuños.Taxay, D. (1967). Páxinas 17-18.