Søren Thorst, nado en Dinamarca o 8 de xaneiro de 1965, é un exfutbolista dinamarqués. Desenvolveu case toda a súa carreira no AaB, co que gañou a Superliga na tempada 1994/95. É fillo do exfutbolista internacional Kjeld Thorst.
Traxectoria Tras pasar polo Sulsted IF entrou na canteira do AaB de Aalborg, debutando co primeiro equipo en 1983, cando o club militaba na terceira división danesa.
En 1984 ascendeu á segunda división e en 1986 á primeira. Continuou no equipo durante a seguinte década, exceptuando un breve paso polo Ølstykke FC na tempada 1993/94. Disputou un total de 371 partidos co AaB e marcou un total de 11 goles. Durante a súa carreira disputou tres finais da Copa de Dinamarca, en 1987, 1991 e 1993, perdendo as tres, e sendo elixido na última delas como o mellor xogador do partido.
A pesar de non ser coñecido como un gran goleador, foi autor dun dos tantos máis lembrados da historia do club en 1993, cando marcou de falta o único gol do partido da Copa da UEFA contra o Deportivo da Coruña no Aalborg Stadion, a primeira vitoria dun equipo danés sobre un equipo da Primeira División española.
Na tempada 1994/95 proclamouse co Aab campión da Superliga de Dinamarca, por primeira vez na historia do club. O ano seguinte debutou na Liga de Campións, nun partido contra o Nantes, e participou da vitoria ante o Panathinaikos, a primeira do equipo na máxima competición europea. Puxo fin á súa carreira en 1996, tras sufrir unha grave lesión no ligamento cruzado dun xeonllo.
Palmarés AaB Superliga de Dinamarca (1): 1994/95.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en Transfermarkt .
Categoría:Nados en Dinamarca Categoría:Nados en 1965 Categoría:Futbolistas de Dinamarca Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do AaB Fodbold