Manuel Mosquera Moar, finado en Probaos (Carres, Oza Cesuras) o 4 de marzo de 1948, foi un xastre e enlace da guerrilla antifascista galega.
Traxectoria Xastre en Chouselas, casado con Celia Sánchez López, filla máis vella de María López Sánchez e neta de Joaquín López Sánchez, coñecidos como "Os Chintos". Na casa da súa sogra acubillábanse membros da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, dos destacamentos dirixidos por Manuel Ponte e Manuel Pena Camino. En agosto de 1947 foi detido xunto cos seus cuñados Josefa e José Sánchez López e a súa sogra María López Suarez, e pasaron catro meses na cadea da Coruña.Carta de María Mosquera Sánchez Na noite do 3 de marzo de 1948 pernoctaban na casa de Joaquín López Sánchez os guerrilleiros Antonio Nouche Costa e José Blanco Núñez, e sendo coñecedora a Garda Civil deste feito, montou un dispositivo ao mando do capitán José Méndez Villar para capturalos. Despois do mediodía do día seguinte a Garda Civil rodeou a casa, na que xa só estaban Joaquín López e a súa filla Manuela López Suárez, e oculto no primeiro piso Antonio Nouche; José Blanco fuxira antes de comezar o rexistro. No tiroteo foron abatidos Joaquín e a súa filla Manuela, o guerrilleiro Antonio Nouche, e tamén resultaron mortos os gardas civís Blas Sánchez e José Cano. Manuel, que se atopaba na casa da súa sogra María López Sánchez, foi asasinado xunto con ela esa mesma noite en aplicación da "lei de fugas".
Vida persoal Casou con Celia Sánchez López, e foi pai de María Mosquera Sánchez.Carta de María Mosquera Sánchez
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Finados en 1948