Izaokas é un filme lituano de 2019 dirixido por Jurgis Matulevičius. É o primeiro filme que trata sobre a participación de lituanos durante o Holocausto. O drama baséase na derradeira novela escrita por Antanas Škėma antes da súa morte en 1961. Foi escollido como candidato de Lituania para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Izaokas é un drama sobre un activista lituano perseguido pola culpa de matar a un xudeu no masacre do garaxe de Lietūkis en xuño de 1941.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Lituania propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua lituana Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes de Lituania