Tame é unha vila e concello do departamento colombiano de Arauca. O municipio ten unha área total de ao redor de 1 060 quilómetros cadrados. Atópase a unha altitude de 343 msnm, nunha meseta dos últimos contrafortes da Cordilleira Oriental, encaixada pola vertente dos ríos Tame e Cravo.
Historia Nesta localidade encontráronse por primeira vez o libertador Simón Bolívar e o xeneral Francisco de Paula Santander. Bolívar deulle a Tame o título de «Berce da Liberdade», pois foi en Tame onde naceu o Exército Nacional de Colombia.
Xeografía O concello de Tame limita polo norte co concello de Fortul, polo nordeste con Arauquita, polo leste con Puerto Rondón, polo sur co departamento de Casanare e polo oeste co departamento de Boyacá.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Arauca, Colombia