José Alguero Penedo, nado en Betanzos en 1872 e finado en Xixón o 2 de marzo de 1956Necrolóxica, La Voz de Galicia, 13 de marzo de 1956., foi un avogado, notario, fotógrafo, debuxante e xornalista galego.

Traxectoria Fillo do capitán do exército Miguel Alguero Nicolau, natural de Ascó. Fixo o bacharelato en Santiago de Compostela e estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela obtendo a licenciatura en 1892. Foi profesor de Xeografía do Colegio Privado de Bentanzos no curso 1897-98.La enseñanza secundaria en Betanzos en el siglo XIX: El Instituto Libre y los Colegios Privados Exerceu como fiscal municipal de Betanzos (1898-99). Aprobou as oposicións e foi nomeado notario de Negreira en 1904,El Diario de Pontevedra, 24-2-1904. p. 2. permanecendo nese posto até 1924 cando se trasladou a Betanzos.El Compostelano, 26-3-1924, p. 2. Participou no faladoiro A Cova Céltica. Foi redactor de ¡Ya Somos Tres!, El Valdoncel e El Mendo e colaborou en Revista Gallega, El Brigantino, El Progreso, El Noroeste, Galicia Moderna, Revista Núñez e Anuario Brigantino. Escribiu apropósitos para o antroido de Betanzos.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi acusado de rebelión militar e xulgado en consello de guerra en maio de 1937 con José Rivas Acea e Manuel Cachaza Carro;La Voz de Galicia, 24-5-1937, p. 2. foi absolto pero foi desterrado a Xixón, onde volveu exercer como notario. Finou en Xixón o 2 de marzo de 1956.La Voz de Galicia, 3-3-1956, p. 7.

Fotógrafo afeccionado, consérvanse medio cento das súas imaxes de Negreira,Tuñas recupera el archivo fotográfico del notario Alguero e tamén foi debuxante. Amigo de Emilia Pardo Bazán, de quen foi secretario particular,Correspondencia José Alguero Penedo (1872-1956) foi membro correspondente da Real Academia Galega.

Recoñecementos

Unha rúa de Betanzos leva o seu nome dende 1980."Betanzos: Sustitución de nombres de calles y nuevas denominacines", La Voz de Galicia, 28-3-1980, p. 36.

Vida persoal

Casou en Negreira con Josefa Caamaño Rodríguez en 1911,Diario de Galicia, 10-2-1911, p. 2. e foi pai de Miguel (médico), José (aparellador) e Luis Alguero Caamaño (avogado).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas José Alguero Penedo

Categoría:Xornalistas de Betanzos Categoría:Notarios

Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Betanzos

Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1956