Maimouna N'Diaye, nada en París, é unha actriz franco-guineana principalmente coñecida pola súa participación no filme L'oeil du cyclone (2015).

Traxectoria Naceu en París dun pai senegalés e dunha nai nixeriana. Medrou en Guinea e volveu a Francia con 18 anos. En 1995 formou parte do grupo de teatro Ymako Teatri en Costa do Marfil.

Como humorista, participou en obras de teatro e no cinema no Senegal, en Guinea e en Burkina Faso. Destaca a súa participación no filme La Chasse aux papillons, de Otar Iosseliani (1992), en L'oeil du cyclone, de Sékou Traoré (2014) e en Kirikou et la Sorcière, de Michel Ocelot (1998).

Como realizadora, participou en varios documentais sobre África, como Warbassaga (1998), Balan (2004), Recréatales (2003), Amando (2003), Pauline (l'amour en action) (2009), Tranches de vies (2009) e Le prix du courage (2010)Biographie na páxina web AfriculturesBiographie en Africafilms.

En 2019 foi elixida como membro do xurado do Festival Internacional de Cinema de Cannes, presidido por Alejandro González Iñarritu« Le Jury du 72e Festival de Cannes », communiqué de presse du Festival de Cannes, 29 de abril de 2019..

Filmografía Toubab Bi (1991) La Chasse aux Papillons (1992) Kirikou et la Sorcière (voz, 1998) L'Oeil du Cyclone (2015) Bol d'amour Super Cops

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en París Categoría:Actores de cinema de Francia Categoría:Actores de voz de Francia Categoría:Actores de Guinea