Manuel García de Castro Calviño foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria Fillo de José María García de Castro Porto e Gregoria Calviño Naya. Sobriño de Gregorio García de Castro Porto e irmán de José García de Castro Calviño. Veciño de Agrón, foi xuíz municipal de Ames en 1883.BOP A Coruña, 10-8-1883, p. 3. Substituíu a Emilio Méndez Brandón na dirección de El Boletín del Pueblo o 25 de xuño de 1889.Gaceta de Galicia, 26-6-1889, p. 2. Colaborou en El Regionalista e El Alcance.El Criterio Gallego, 9-10-1893, p. 2. Marchou a Arxentina en 1899.Gaceta de Galicia, 11-10-1899, p. 2. Vida persoal
Casou con Concepción López de la Barrera Montenegro.
Notas
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido