Hilda Lyon, nada o 31 de maio de 1896 en Market Weighton, Yorkshire e finada o 2 de decembro de 1946, foi unha enxeñeira británica que inventou a "Lyon Shape", un deseño utilizado para aeronaves e submarinos.

Traxectoria Lyon era a filla máis nova de Thomas e Margaret Green, o seu pai era tendeiro. asistiu á Beverley High School e en 1915 ingresou no Newnham College de Cambridge, onde obtivo un máster en matemáticas.

Carreira en aviación Despois de graduarse, Lyon seguiu un curso do Ministerio do Aire sobre análise de tensións en avións e logo obtivo un emprego como asistente técnica. Non viu ningunha perspectiva de promoción ou de maior responsabilidade "para unha muller matemática" neste traballo, así que ela e a súa irmá deixaron os seus empregos e fóronse a Suíza durante seis semanas.

En 1918, Lyon traballou como asistente técnico de avións para Siddeley-Deasy. En 1920 trasladouse a George Parnall & Co. esquerda|miniatura|O R101 en Cardington. Cara a 1922, Lyon foi admitida como membro asociado da Royal Aeronautical Society. A partir de 1925, formou parte do persoal técnico da Royal Airship Works de Cardington, axudando a desenvolver o dirixible ríxido R101 grazas aos seus traballos sobre aerodinámica.

En 1930, Lyon recibiu o premio R38 Memorial Prize da Royal Aeronautical Society polo seu traballo " The Strength of Transverse Frames of Rigid Airships". Era a primeira vez que un premio da sociedade era gañado por unha muller.

O traballo de Lyon implicaba viaxar a América, Canadá e Alemaña. En 1930 viaxa aos Estados Unidos cunha bolsa Mary Ewart Travelling Scholarship e emprende estudos no Massachusetts Institute of Technology, onde se lle permite utilizar por primeira vez un túnel de vento. En 1932, presentou unha tese sobre "O efecto da turbulencia no arrastre dos modelos de dirigibles" para obter a súa mestría. Despois de presentar a súa tese, Lyon trasladouse a Göttingen (Alemaña) e realizou investigacións na Kaiser Wilhelm Gesellschaft für Strömungsforschung con Ludwig Prandtl.

Tras o seu regreso a Gran Bretaña, Lyon pasou un tempo na súa casa como coidadora, mantendo ao mesmo tempo a súa investigación utilizando as bibliotecas da Universidade de Hull e da Universidade de Leeds e visitando o National Physical Laboratory e o Royal Aircraft Establishment. Durante este tempo, traballou no flutter aeroelástico e nas pas elásticas. dereita|miniatura|O lanzamento de   en 1955 A partir de 1937, Lyon volve dedicarse á investigación aerodinámica a tempo completo como oficial científico principal no Royal Aircraft Establishment de Farnborough. Primeiro traballou nos túneles de vento sobre a succión da capa límite, e logo incorporouse á Sección de Estabilidade. Máis tarde converteuse en xefa desta sección, e tamén formou parte do Consello de Investigación Aeronáutica.

Despois da súa morte, as súas investigacións e a "Lyon Shape" que ideou incorporáronse ao submarino estadounidense USS Albacore, prototipo para case todos os submarinos estadounidenses posteriores.

Notas

Categoría:Matemáticos do Reino Unido Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Finados en 1946 Categoría:Nados en 1896