Pat Parker, nada en Houston (Texas) o 20 de xaneiro de 1944 como Patricia Cooks e finada o 17 de xuño de 1989, foi unha poeta e activista estadounidense. Tanto a súa poesía como o seu activismo beben da súa experiencia como muller lesbiana, feminista e afroamericana.Bereano, Nancy K. Publisher's note, Movement in Black, 1989, Crossing Press, Pat Parker. Contemporary Authors Online, Gale, 2002. Reproducido en Biography Resource Center. Farmington Hills, Mich.: Gale Group, 2008 (http://www.galenet.com/servlet/BioRC). Entrada actualizada o 25 de xullo de 2000. Consultado o 27 de decembro de 2008. A súa poesía fala da súa dura infancia medrando na pobreza, lidando con agresións sexuais e coa morte dunha das súas irmás. Con dezaoito anos, Parker estaba nunha relación cun maltratador e tivo un aborto despois de ser empuxada por unhas escaleiras. Despois de dous divorcios, saíu do armario, "abrazou a súa sexualidade" como lesbiana e "non coñeceu límites á hora de expresar as partes máis íntimas de si mesma".
Parker participou no activismo político e involucrouse no partido das Panteras Negras e no Consello Revolucionario das Mulleres Negras, chegando a formar o Women's Press Collective."Pat Parker, Black lesbian poet and activist well worth knowing" , Peterson Toscano, 7 de marzo de 2015. Participou no activismo coas comunidades gay e lesbiana, contra a violencia doméstica e polos dereitos dos afroamericanos.Biografía de Pat Parker, Voices from the Gaps. Publicou cinco coleccións de poesía: Child of Myself (1972), Pit Stop (1975), Movement in Black (1978), Woman Slaughter (1978) e Jonestown and Other Madness (1985).
Obra Poesía Child of Myself (1972), The Women's Press Collective Pit Stop (1973), The Women's Press Collective Womanslaughter (1978), Diana Press Movement in Black (1978), Diana Press Jonestown & Other Madness (1989), Firebrand Books Movement in Black: The Collected Poetry of Pat Parker, 1961–1978; inclúe traballos de Child of Myself e Pit Stop, Diana Press (Oakland, California), 1978, edición estendida, Firebrand Books (Ithaca, Nova York), 1999
Non ficción Unleashing Feminism: Critiquing Lesbian Sadomasochism in the Gay Nineties (1993) (con Anna Livia Julian Brawn e Kathy Miriam)
Antoloxías selectas Amazon Poetry: An Anthology of Lesbian Poetry (1975) Where Would I Be Without You? The Poetry of Pat Parker and Judy Grahn, 1976 gravación de son por Olivia Records Lesbian Concentrate (1977). Gravación de son por Olivia Records "Revolution: It's Not Neat or Pretty or Quick" en This Bridge Called My Back de Cherríe Moraga e Gloria Anzaldúa (eds), Watertown, Massachusetts: Persephone Press, 1981. Home Girls: A Black Feminist Anthology (1983) I Never Told Anyone: Writings by Women Survivors of Child Sexual Abuse (1991)
Notas
Véxase tamén Bibliografía McEwen, Christian, editor, Naming the Waves: Contemporary Lesbian Poetry, Virago (Nova York), 1988. Moraga, Cherríe, e Gloria Anzaldúa, This Bridge Called My Back: Writings by Radical Women of Color, Women of Color Press, 1981. Parker, Pat, Jonestown and Other Madness, Firebrand Books, 1985. Parker, Pat, Movement in Black: The Collected Poetry of Pat Parker, 1961–1978, Diana Press (Oakland, California), 1978, edición estendida, Firebrand Books (Ithaca, Nova York), 1999. Booklist, 15 de marzo de 1999, p. 1279. Callaloo, Winter 1986, pp. 259–62. Colby Library Quarterly (Waterville, ME), marzo de 1982, pp. 9–25. Conditions: Six, 1980, p. 217. Feminist Review, 1990, pp. 4–7. Library Journal, xullo de 1985, p. 77. Margins, vol. 23, 1987, pp. 60–61. Women's Review of Books, abril de 1986, pp. 17–19. Blain, Virginia, Patricia Clements, e Isobel Grundy. The Feminist Companion to Literature in English: Women Writers from the Middle Ages to the Present. New Haven, Connecticut: Yale University Press, 1990: 833. Oktenberg, Adrian. En Women's Review of Books (Wellesley, Massachusetts), abril de 1986: 17–19. Ridinger, Robert B. Marks. "Pat Parker", en Gay & Lesbian Literature. Detroit, Míchigan: St. James Press, 1994: 289–290.
Ligazóns externas Papers of Pat Parker, na Biblioteca Schlesinger, Instituto Radcliffe, Universidade Harvard.
Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Houston, Texas Categoría:Finados en 1989 Categoría:Escritores LGTB dos Estados Unidos de América Categoría:Activistas LGTB Categoría:Poetas dos Estados Unidos de América Categoría:Membros das Panteras Negras Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa