A taxonomía de Sibley–Ahlquist é unha taxonomía de aves proposta por Charles Sibley e Jon E. Ahlquist, baseada en estudos de hibridación ADN-ADN realizados a finais dos anos 1970 e ao longo de toda a década de 1980.
A hibridación ADN-ADN forma parte dunha clase de técnicas de bioloxía molecular que subministran datos de distancia (en comparación con datos de carácter) e que se poden analizar para obter reconstrucións filoxenéticas só utilizando algoritmos de construción de árbores fenéticas. Na hibridación ADN-ADN a porcentaxe de semellanza do ADN entre dúas especies estímase pola redución dos enlaces de hidróxeno entre nucleótidos de ADN heterodúplex imperfectamente complementado (é dicir, ADN de dobre cadea que se obteñen experimentalmente a partir de cadeas simples de dúas especies diferentes), en comparación co ADN homodúplex perfectamente combinado (ambas as cadeas de ADN da mesma especie).
Características Esta clasificación parece ser un exemplo temperán de clasificación cladística porque codifica moitos niveis intermedios de taxones: o "tronco" da árbore xenealóxica é a clase Aves, que se ramifica en subclases e infraclases, e despois en "parvoclases", superordes, ordes, subordes, infraordes, "parvordes", superfamilias, familias, subfamilias, tribos, subtribos e, finalmente, en xéneros e especies. Porén, este estudo de clasificación non empregou métodos cladísticos modernos, xa que se basea estritamente na hibridación ADN-ADN como única medida de similitude. E aínda que a prolixa subdivisión en niveis taxonómicos suxire precisión, os niveis "parvo" foron moi axiña considerados simplemente innecesarios.
O arranxo de Sibley-Ahlquist difire moito do enfoque máis tradicional usado na taxonomía de Clements.
Os principais cambios a nivel de orde son os seguintes: Struthioniformes agrandados substitúen ás ordes dos ratites Rheiformes (reidos), Casuariiformes (casuarios e emús), Apterygiformes (kiwis) e Struthioniformes (avestruces). Tinamiformes (tinamús) non se modifica. Un novo Ciconiiformes moi ampliado inclúe os anteriores Sphenisciformes (pingüíns), Gaviiformes (movellas), Podicipediformes (somorgullos), Procellariiformes (albatros e relacionados), Pelecaniformes (pelicanos e relacionados), Ciconiiformes (cegoñas e relacionados), Falconiformes (aves rapaces), Charadriiformes gaivotas, carráns, araos e outros) e a familia dos Pteroclidae. Anseriformes (patos e relacionados) non se midifica. Galliformes modificados. Ortalis sp. trasladáronse a Craciformes. Novos Craciformes (Ortalis etc.). Previamente parte dos Galliformes. Novos Ralliformes (Rallus, Fulica, etc.). Previamente parte dos Gruiformes. Gruiformes modificados (grous). Os Rallidae, e os Turnicidae trasladáronse a Ralliformes e Turniciformes, respectivamente. Novos Turniciformes. Previamente parte dos Gruiformes. Columbiformes modificados. As gangas movéronse a Ciconiiformes. Psittaciformes (papagaios e cacatúas) non se modifica. Novos Musophagiformes (Musophagidae). Previamente parte de Cuculiformes. Cuculiformes modificados. As Tauraco sp. movéronse a Musophagiformes. Strigiformes modificados. Ampliado para incluír os Caprimulgiformes. Apodiformes modificados. Os colibrís movéronse a Trochiliformes. Novos Trochiliformes (colibrís). Previamente Apodiformes. Coliiformes (colíidos) non se modifica. Trogoniformes (trogónidos) non se modifica. Coraciiformes Coraciidae. Novos Upupiformes (Upupidae). Previamente parte de Coraciiformes. Novos Bucerotiformes. Previamente parte de Coraciiformes. Novo Galbuliformes xacamares e bucos. Previamnte parte de Piciformes. Piciformes modificados. Pícidos (picos ou picapaus). Passeriformes non se modifica.
Algúns destes cambios son só pequenos axustes. Por exemplo, en lugar de poñer os cirrios, os cirrios arborícolas (familia Hemiprocnidae) e os colibrís na mesma orde, Sibley e Ahlquist puxéronos nunha superorde que comprende unha orde para os colibrís e outra para ambos os cirrios. Noutras palabras, aínda consideran aos cirrios como os parentes máis próximos dos colibrís.
Outros cambios son moito máis drásticos. Os pingüíns eran tradicionalmente considerados distantes de todas as outras aves vivas. Por exemplo, Wetmore púxoos nunha superorde, con todas as outras aves que non son ratites nunha superorde diferente. Sibley e Ahlquist, porén, colocan aos pingüíns na mesma superfamilia que os somorgullos, os procelariformes e as fragatas. Segundo a súa análise filoxenética, os pingüíns están máis preto desas aves que as garzas das cegoñas.
Os Galloanseres (aves acuáticas e terrestres) tivo unha ampla aceptación. As evidencias do ADN de Sibley-Ahlquist para a monofilia do grupo está apoiada polo descubrimento da ave fósil Vegavis iaai, unha ave acuática esencialmente moderna pero moi peculiar que viviu preto do Cabo de Fornos hai 66-68 millóns de anos, aínda na era dos dinosauros.
Clasificación
Parvoclase Superorde Orde Familias Nota sobre o estado actual Infraclase Eoaves Ratitae Struthioniformes Struthionidae Rheidae Casuariidae Apterygidae Tinamiformes Tinamidae Galloanserae Gallomorphae Craciformes Cracidae Megapodiidae Familias incluídas en Galliformes. Galliformes Phasianidae Numididae Odontophoridae Anserimorphae Anseriformes Anhimidae Anseranatidae Dendrocygnidae Anatidae Infraclase Neoaves Turnicae Turniciformes Turnicidae Inclída en Charadriiformes.Picae Piciformes Indicatoridae Picidae Megalaimidae Lybiidae Ramphastidae Coraciae Galbulimorphae Galbuliformes Galbulidae Bucconidae Familias incluídas en Piciformes pola maioría das autoridades. Bucerotimorphae Bucerotiformes Bucerotidae Bucorvidae Upupiformes Upupidae Phoeniculidae Rhinopomastidae Familias incluídas en Bucerotiformes pola maioría das autoridades. Coraciimorphae Trogoniformes Trogonidae Coraciiformes Coraciidae Brachypteraciidae Leptosomidae Momotidae Todidae Alcedinidae Halcyonidae Cerylidae Meropidae Coliae Coliiformes Coliidae Passerae Cuculimorphae Cuculiformes Cuculidae Centropodidae Coccyzidae Opisthocomidae Crotophagidae Neomorphidae Os Opisthocomidae agora sitúanse nunha orde propia, Opisthocomiformes. Psittacimorphae Psittaciformes Psittacidae Apodimorphae Apodiformes Apodidae HemiprocnidaeIncluída en Caprimulgiformes por moitas autoridades.
Do contrario, en Apodiformes agrandados. Trochiliformes Trochilidae Strigimorphae Musophagiformes Musophagidae Strigiformes Tytonidae Strigidae Aegothelidae Podargidae Batrachostomidae Steatornithidae Nyctibiidae Eurostopodidae Caprimulgidae Strigiformes restrinxido aos mouchos (Tytonidae, Strigidae)
Outras familias situadas en Caprimulgiformes. Passerimorphae Columbiformes Raphidae Columbidae Gruiformes Eurypygidae Otididae Gruidae Aramidae Heliornithidae Psophiidae Cariamidae Rhynochetidae Rallidae Mesitornithidae Os gruiformes son polifiléticos: Eurypygidae e Rhynochetidae agora en Eurypygiformes; Odtidae agora en Otidiformes; Cariamidae agora en Cariamiformes; Mesitornithidae agora en Mesitornithiformes. Ciconiiformes Pteroclidae Thinocoridae Pedionomidae Scolopacidae Rostratulidae Jacanidae Chionidae Pluvianellidae Burhinidae Charadriidae Glareolidae Laridae Accipitridae Sagittariidae Falconidae Podicipedidae Phaethontidae Sulidae Anhingidae Phalacrocoracidae Ardeidae Scopidae Phoenicopteridae Threskiornithidae Pelecanidae Ciconiidae Fregatidae Spheniscidae Gaviidae Procellariidae Ciconiiformes descubriuse que é polifilético e agora está restrinxido ás cegoñas (Ciconiidae).
As demais familias distribúense entre: Pterocliformes (Pteroclidae) Charadriiformes (Thinocoridae through Laridae) Accipitriformes (Accipitridae, Sagittariidae) Falconiformes (Falconidae) Podicipediformes (Podicipedidae) Phaethontiformes (Phaethontidae) Suliformes (Sulidae, Anhingidae, Phalacrocoracidae, Fregatidae) Pelecaniformes (Ardeidae, Scopidae, Threskiornithidae, Pelecanidae) Phoenicopteriformes (Phoenicopteridae) Sphenisciformes (Spheniscidae) Gaviiformes (Gaviidae) Procellariiformes (Procellariidae) Passeriformes Acanthisittidae Pittidae Eurylaimidae Philepittidae Tyrannidae Thamnophilidae Furnariidae Formicariidae Conopophagidae Rhinocryptidae Climacteridae Menuridae Ptilonorhynchidae Maluridae Meliphagidae Pardalotidae Petroicidae Irenidae Orthonychidae Pomatostomidae Laniidae Vireonidae Corvidae Callaeatidae Picathartidae Bombycillidae Cinclidae Muscicapidae Sturnidae Sittidae Certhiidae Paridae Aegithalidae Hirundinidae Regulidae Pycnonotidae Hypocoliidae Cisticolidae Zosteropidae Sylviidae Alaudidae Nectariniidae Melanocharitidae Paramythiidae Passeridae Fringillidae
Notas
Véxase tamén Bibliografía Clarke, J. A., Tambussi, C. P., Noriega, J. I., Erickson, G. M. & Ketcham, R. A. (2005): "Definitive fossil evidence for the extant avian radiation in the Cretaceous". Nature 433: 305–308. (Texto completo en PDF) Sibley, C. G., Ahlquist, J. E. & Monroe, B. L., Jr. (1988): "A classification of the living birds of the world based on DNA-DNA hybridization studies". The Auk 105 (3): 409–423. Sibley, Charles Gald & Ahlquist, Jon Edward (1990): Phylogeny and classification of birds. New Haven, Connecticut: Yale University Press. ISBN 0-3000-4085-7. van Tuinen, Marcel; Charles G. Sibley & S. Blair Hedges (2000): "The Early History of Modern Birds Inferred from DNA Sequences of Nuclear and Mitochondrial Ribosomal Genes". Mol. Biol. Evol. 17 (3): 451-457.
Outros artigos Filoxenia molecular Nomenclatura filoxenética Charles Sibley
Ligazóns externas On the Phylogeny and Classification of Living Birds, by Charles G. Sibley . Sibley's Classification of Birds, by Eric Salzman, Birding. Decembro de 1993.
Categoría:Taxonomía Categoría:Ornitoloxía