Arent Pol, nado en 1951, é un historiador arqueólogo e numismático neerlandés, vinculado á Universidade de Leiden.
Traxectoria Arent Pol iniciou os seus estudos de Historia en 1977 na Universidade de Leiden, onde se doutorou en Humanidades en 1985.
Xa en 1973 ingresara como asistente no Gabinete Real de Medallas do Rijksmuseum (Rijksmuseum Koninklijk Penningkabinet), e entre 1981 e 2012 exerceu como conservador da sección medieval e moderna da colección numismática nacional neerlandesa."Arent Pol". ORCID.org
A partir de 2012 pasou a ocupar un posto como investigador honorario na Facultade de Arqueoloxía da Universidade de Leiden, centrado na historia monetaria da Europa Occidental nos séculos VI e VII."Arent POL". Academia.edu"Arent Pol". Universiteit Leiden. O seu labor principal é a elaboración dunha base de datos das moedas de ouro desa época ao norte dos Alpes e dos Pireneos, denominada Corpus des Monnaies Mérovingiennes.
Entre outras entidades académicas e asociativas, Pol é membro da Real Sociedade Neerlandesa para a Ciencia da Moeda (1972), da Real Sociedade Histórica dos Países Baixos (1978), da sociedade científica Teylers Tweede Genootschap (1996) e da Sociedade Francesa de Numismática (2016).
Recoñecementos
(1997): Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática."Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
Publicacións Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por Arent Pol ao longo da súa traxectoria:."Pol, Arent 1951- ". Digital Library Numis."Pol, Arent 1951-". WorldCat Identities.
(1989). Schepen met geld. De handelsmunten van de Verenigde Oostindische Compagnie, 1602-1799. ["Barcos con diñeiro. As moedas comerciais da Compañía Holandesa das Indias Orientais, 1602-1799"]. Koninklijk Penningkabinet, A Haia. ISBN 9789012062220 (1993). De schat van het Vliegend Hert. Compagniesgeld en smokkelgeld uit een VOC-schip ["O tesouro de Vliegend Hert. O diñeiro da Compañía e o contrabando dun barco VOC"] (con H. Jacobi). Koninklijk Penningkabinet, A Haia. ISBN 9789073882010 (2001). Goud ["Ouro"] (con J. Luijt). Koninklijk Penningkabinet, A Haia. ISBN 9789073882133 (2007). Het noodgeld van Leiden. ["O diñeiro de emerxencia de Leiden"] (con B. j. van der Veen). SDU, A Haia. ISBN 9789012124522
Notas
Categoría:Nados en 1951 Categoría:Numismáticos dos Países Baixos Categoría:Historiadores dos Países Baixos Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Alumnos da Universidade de Leiden Categoría:Profesores da Universidade de Leiden Categoría:Personalidades sen imaxes