Michèle Beyer, coñecida como Mich Beyer, nada o 13 de agosto de 1948 en Treboull (Douarnenez), é unha profesora, tradutora e escritora en lingua bretoa.

Traxectoria É autora de varias novelas e relatos, tanto para o público adulto como para o público mozo. Foi recoñecida cos principais premios literarios en bretón. Entre eles, o premio Xavier de Langlais á obra Etrezek an enez (2008).

Traballou durante moitos anos nas escolas Diwan. Así mesmo, foi colaboradora de varias revistas en lingua bretoa. Exerceu como formadora en Rondour, un organismo de promoción de bretón, primeiro en Huelgoat e máis tarde en Kelenn, centro de formación de futuros profesores bilingües localizado en Quimper.

Obra Ar Pennoù Koltar war an enez. An Here, 1991 Ar Pennoù Koltar e Menez Are. An Here, 1993 An Dervenn, Keit Vimp Bev, 2008. Seizh Devezh warn-ugent. An Alarc'h, 2006. Premio France 3, 2006 Etrezek an enez. An Alarc'h, 2007. Prix Langleiz, 2008. Premio Ar Bono 2008. Premio Sten Kidna 2009. Teñvalijenn. An Alarc'h, 2009 Kan ar Mein. An Alarc'h, 2010. Premio Pêr Mokaer, 2010 Azigoragazar. Keit Vimp Bev, 2010 Andon ar gasoni, An Alarc'h, 2011 Azvent, An Alarc'h, 2013 Ur person evit enez Sun. An Alarc'h, 2016 Troiad en ifern. An Alarc'h, 2017, Premio Sten Kidna 2017. Traducido ao galego co título de Unha volta polo inferno. An dilastezer. An Alarc'h, 2018

Tradución do francés ao bretón Istor fentus stadoù hag impalaeriezhioù al loar. An Alarc'h, 2017 (tradución de Os Estados e Imperios da Lúa, de Cyrano de Bergerac). Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha , Brezhoneg.org . Perfil, Worldcat.org .

Categoría:Nados en 1948 Categoría:Escritores en lingua bretoa