José Bartrina Villanueva, nado en Valencia en 1906 e finado en Burgos o 23 de decembro de 1956, foi un médico e político comunista español.

Traxectoria

Fillo de Jesús Bartrina Capella, catedrático de Anatomía da Facultade de Medicina de Valencia. Fixo a carreira de Medicina e especializouse en Uroloxía. Foi axudante de clases prácticas da Facultade de Medicina dende 1935. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse como médico ao tren-hospital con base en Sarrión e despois en diversos postos da fronte de Teruel. Militante do Partido Comunista de España, logo da derrota da República foi detido coa súa muller no porto de Alacant. Trasladados ao campo dos Almendros (Alacant), foron separados. José foi internado no Campo de Albaterra, do que o conseguiu sacar a súa muller. Pasaron algún tempo en Benissa ata que foi detido pola Garda Civil. Saíu grazas ao alcalde, pero volvérono coller e trasladárono ao cárcere Modelo de Valencia. Saíu novamente coa axuda da familia e comezou a traballar para o PCE coa súa muller. Ao ser desmantelado o comité valenciano, en marzo de 1944, fuxiron a Madrid. En setembro de 1947 foi enviado polo PCE a Galicia. Na clandestinidade utilizou o nome de José Moreno Borso. Foi detido en 1948 encartado na causa 370/48 xunto con José Gómez Gayoso, Antonio Seoane Sánchez, Juan José Romero Ramos, Carmen Orozco Muñoz e outros.La Voz de Galicia, 19-10-1948, p. 2. Xulgado en consello de guerra na Coruña, foi condenado a pena de morte, pero a sentenza foi conmutada pola de cadea perpetua."Sentencia cumplida", La Voz de Galicia, 7-11-1948, p. 2. Ingresou na prisión de Burgos, onde morreu en 1956.

Vida persoal Casou con Presentación Campos Pérez.Presentación Campos

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Bartrina Villanueva, José

Categoría:Médicos de España Categoría:Políticos do PCE Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Nados en Valencia Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1956