Patricia Sarrapio Martín, nada en Madrid o 16 de novembro de 1982, é unha atleta española especializada en triplo salto. Competiu nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 e Río de Xaneiro 2016. Foi 12 veces campioa de España de triplo salto, cinco ao aire libre e sete en pista cuberta.

Traxectoria Foi 28 veces campioa de España de triplo salto e dúas de salto de lonxitude, en distintas categorías, 12 delas na categoría absoluta. En 2006 gañou a medalla de ouro en triplo salto no Campionato Iberoamericano de Atletismo de Ponce, Porto Rico, por diante da colombiana Johanna Triviño e a brasileira Gisele de Oliveira. Na edición de 2010, celebrada na localidade gaditana de San Fernando, conseguiu o bronce.

Competiu en dous Xogos Olímpicos (Londres 2012 e Río de Xaneiro 2016).

Vida persoal É profesora de Educación Primaria nun colexio de Madrid. Polas tardes adestra, compaxinando a súa profesión coa súa actividade como atleta de alta competición.

Resultados internacionais Representando a en triplo salto

AnoCompeticiónSedePostoMarca2000Campionato do Mundo JúniorSantiago de Chile17ª ()12.662001Campionato de Europa JúniorGrosseto8ª13.152005Xogos MediterráneosAlmería8ª13.532006Campionato IberoamericanoPonce Ouro13.82Campionato de EuropaGotemburgo18ª ()13.572007Campionato de Europa en Pista CubertaBirmingham9ª ()13.73Campionato do MundoOsaka22ª ()13.552008Campionato do Mundo en Pista CubertaValencia12ª ()13.862009Campionato de Europa en Pista CubiertaTurín15ª ()13.732010Campionato IberoamericanoSan Fernando Bronce14.10Campionato de EuropaBarcelona21ª ()13.212011Campionato de Europa en Pista CubertaParís8ª ()13.98Campionato do MundoDaegu34.ª ()13.122012Campionato do Mundo en Pista CubertaIstanbul–Campionato de EuropaHelsinqui16ª ()13.90Xogos OlímpicosLondres26ª ()13.642013Campionato de Europa en Pista CubertaGotemburgo5ª14.072014Campionato de EuropaZürich17ª ()13.412015Campionato de Europa en Pista CubertaPraga18ª ()13.472016Campionato de EuropaÁmsterdam19ª ()13.46Xogos OlímpicosRío de Xaneiro31.ª ()13.352018Campionato de EuropaBerlín20ª ()13.872019Campionato de Europa en Pista CubertaGlasgow12ª ()13.67Campionato do MundoDoha23ª ()13.58

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Datos da atleta na Asociación Internacional de Federacións de Atletismo . Datos da atleta na Real Federación Española de Atletismo .

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1982 Categoría:Deportistas da Comunidade de Madrid Categoría:Triplistas Categoría:Atletas olímpicos de España Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2016