Faustino Domínguez Salgado, nado na Coruña o 5 de maio de 1905 e finado en Madrid en abril de 1981, foi un militar e xinete galego. Competiu en dúas probas nos Xogos Olímpicos de 1956 en Melbourne.
Traxectoria Militar de carreira comezou a practicar hípica na década de 1920. Xa como tenente coronel, participou en 1956 nos Xogos Olímpicos de Melbourne, tanto na proba individual como na de equipos, facendo equipo con Joaquín Nogueras e Hernán Espinosa. Na proba individual ocupou unha das últimas posicións, mentres que na proba por equipos o conxunto español quedou de último.
Posteriormente ascendeu ata xeneral de brigada e foi tres veces campión de España en doma clásica, nos anos 1970, 1971 e 1973.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Datos do xinete no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional . Datos do xinete en sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal .
Categoría:Finados en 1981 Categoría:Nados en 1905 Categoría:Militares de Galicia Categoría:Xinetes e amazonas olímpicos de Galicia Categoría:Xinetes e amazonas nos Xogos Olímpicos de 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados na Coruña