A triscaidecafobia (do grego τρεισκαιδέκα, treiskaideka ‘trece’, derivado de τρεῖς, treîs ‘tres’, καὶ, kai ‘e’, e δέκα, deka ‘dez’; xunto con φοβία, fobía, de φόβος, fobos ‘medo’, ‘temor’) é o medo irracional ao número 13. Considérase normalmente unha superstición. A fobia específica ao venres 13 chámase parascevedecatriafobia (a Parasceve é a preparación da Pascua), collafobia, ou ben, friggatriscaidecafobia (a palabra Friday, ‘venres’ ou ‘sexta feira’ en inglés, procede do nome da deusa viquinga Frigga). O medo ao martes 13 chámase trezidavomartiofobia.
Orixe e relación do 13 coa cultura miniatura|300x300px|A Última Cea, de Leonardo da Vinci. Esta aversión probabelmente xurdiu na Idade Media. O trece é o seguinte número primo despois do once —o simbolismo do once era crucial, debido á súa practicidade e calidade matemática—. Vencellouse co feito de que, segundo o cristianismo, había 13 persoas na Última Cea de Xesucristo, e que este foi condenado a morrer na cruz pouco despois. Relacionouse tamén con que un calendario lunisolar seguramente ten 13 meses nalgúns anos, mentres que os anos dos calendarios calendario solar gregoriano e o calendario lunar musulmán sempre teñen 12 meses. Tamén é significativo que o capítulo 13 do libro da Apocalipse, atribuído a San Xoán, estea dedicado ao Anticristo e a Besta.Francisco J. Flores, Diccionario de supersticiones y creencias populares, Madrid: Alianza, 2000, s.v. Trece.
A triscaidecafobia ten relación tamén coa civilización viquinga. Considérase que Loki, no panteón nórdico, era o deus número 13. Isto "cristianizouse" posteriormente indicando que Satán era o 13.º anxo.
No antigo Exipto considerábase que a décimo primeira fase do ciclo da vida era a morte, isto é, a vida despois da morte, que se consideraba unha vida ideal.
Outro feito sobre o venres 13 é a captura dos cabaleiros templarios, que morreron na fogueira o venres 13 de outubro de 1307. O día que acabou o poder dos monxes guerreiros puido imputarse a unha cuestión de mala sorte. Porén, tamén ten relación coa maldición de Jacques de Molay, último gran mestre dos Cabaleiros templarios. Este, estando xa na fogueira, convocou ante o tribunal de Deus ao rei Filipe IV de Francia e ao Papa Clemente V —os artífices daquela destrución da orde do Amorne—. Tanto o rei coma o Papa morreron antes do prazo dun ano, como o gran mestre predixera.
A carta da Morte nunha baralla de tarot é a número 13, malia que neste caso representa a transformación e o cambio.
En xeral, o 13 é considerado un número "malo" sinxelamente por ser o inmediatamente posterior ao 12. Isto débese a que o 12 é un número popularmente utilizado en moitas culturas, por ser un número altamente composto.
Supersticións e aversións co número 13
Algúns edificios omiten o piso 13 e saltan do piso 12 ao 14 para evitar a anguria que provoca a triscaidecafobia. Isto tamén se aplica en ocasións aos números das casas ou dos cuartos (por exemplo, nos hospitais). O caso anterior tamén é común nas filas de asentos nos avións. Os da aeroliña española Iberia, a italiana Alitalia, a emiratí Emirates e a panameña Copa Airlines non contan con este número: a fila que segue á 12 é a 14.
Algunhas cidades evitan a 13ª avenida. Porén, no centro da cidade de Bogotá, a capital de Colombia, hai unha encrucillada entre a rúa 13 e a carreira 13. Algo similar ocorre na cidade estadounidense de Sacramento, cunha intersección entre a 13th Street (rúa 13) e a 13th Avenue (avenida 13).
Ningunha persoa de España terá o documento de identidade número 13. O ditador Francisco Franco, precursor deste sistema de identificación persoal, reservou para si o número 1, e o resto de documentos dunha cifra para a súa familia. A Familia real española ten reservados os números de dous díxitos: o rei emérito Xoán Carlos ten o 10, a raíña Sofía o 11, e a filla máis vella, a infanta Helena, o 12. Á súa segunda filla, a infanta Cristina, corresponderíalle o 13, mais debido a esta superstición, ese DNI quedou sen titular, e foille asignado o 14.DNI: Franco tiene el 1; el Rey, el 10 - El Mundo
O compositor e pintor austríaco Arnold Schönberg padecía triscaidecafobia. Curiosamente, naceu e morreu o día 13 do mes, á idade de 76 anos (7 + 6 = 13).
Na novela de John Ronald Reuel Tolkien O hobbit, publicada en 1937, os protagonistas son trece ananos. Para non ter mala sorte na viaxe, pídenlle ao mago Gandalf que atope un décimo cuarto membro para a súa compañía.
O álbum musical Room for Squares, do compositor e cantante estadounidense John Mayer, consta de 14 pistas. Porén, a número 13 é de 2 segundos de silencio (o mínimo de duración dunha pista conforme os estándares), e non aparece na portada do álbum.
O álbum Alivio de luto, de Joaquín Sabina, tampouco mostra este número; á pista número 12 séguea a pista "+uno".
No álbum Destrangis, de Estopa, a última canción, Ojitos rojos, non está numerada como 13, senón como "Bonus track".Carátula Trasera de Destrangis - Estopa - Coveralia
Todos os discos da banda uruguaia No Te Va Gustar carecen dunha pista 13, e pasan da 12 á 14. En Spotify a pista 13 é de 6 segundos de silencio. miniatura|160x160px|Logotipo da misión Apollo 13. O Apollo 13 foi lanzado ás 13:13 EST do 11 de abril de 1970 dende o complexo 39 (tres veces trece). Durante o seu voo, sufriu un estoupido que puxo en perigo a tripulación, polo que foi necesario abortar a misión. Hai quen se refiren a esta misión lunar como a proba definitiva de que o 13 trae mala sorte. Trátase dunha teoría facilmente refutable, pois non houbo vítimas mortais. De feito, houbo misións estadounidenses e soviéticas con peores resultados que non foron designadas co devandito número.
O caza alemán desenvolvido tras o Hei 112 foi denominado Hei 100 para evitar a desafortunada designación Hei 113, pois Adolf Hitler sufría triscaidecafobia. Así mesmo, nos EUA nunca existiu un "caza F-13", pola superstición de gran parte da tripulación.
Ao longo da súa historia, a compañía automobilística francesa Renault contou cunha serie de modelos numerados. Dende o Renault 3 até o Renault 25 existen modelos con todos os números, agás co 13.
O piloto de motociclismo español Ángel Nieto foi campión do mundo de motociclismo en 13 ocasións, mais sempre indicaba que foi campión "en 12+1 ocasións". Por outra parte, na maioría das competicións de automobilismo e motociclismo non se asigna o número 13, coa excepción de NASCAR, que si o utiliza nalgún vehículo da categoría.
Hai deportistas que deciden desafiar a mala sorte e utilizan o número 13, por exemplo, Pastor Maldonado, piloto de F1. Cando a Federación Internacional do Automóbil (FIA) permitiu escoller, a partir da tempada 2014, calquera dorsal entre o #2 e o #99, o piloto venezolano escolleu o #13 para acabar coa mala sorte. Porén, esa foi a súa última tempada en dita competición. Tamén son famosos os casos dos baloncestistas Wilt Chamberlain e Steve Nash. Este último consideraba o 13 como número de bo agoiro, e sempre o levou na súa camisola. A excepción foi en Los Angeles Lakers, onde levou o 10, pois o dorsal 13 de Chamberlain fora retirado.Steve Nash will wear No. 10 for the Lakers - CBS Sports Na selección de fútbol de Alemaña, desde hai décadas, a estrela do equipo leva o número 13. Iniciou esta tendencia o dianteiro Gerd Müller nos anos 1970. Michael Ballack levou ese dorsal até a súa retirada en 2012, e dende entón utilízao Thomas Müller.
No Mundial de Fútbol de 1982, o xogador chileno Carlos Caszely levaba a camisola número 13 no partido contra Austria. Nese encontro errou un penalti, o que marcou a súa carreira profesional.El fantasma de Caszely: A 30 años del penal de España ’82. Guioteca. No Mundial de Fútbol de 2006, Andrés Iniesta debutou na selección española co dorsal 13. Na selección de fútbol de España elixíanse os dorsais por orde de antigüidade, polo que a Iniesta deixáronlle o número que non quería ninguén.
O programa de deseño gráfico CorelDRAW cambiou a numeración ao chegar á versión trece, e denominouna CorelDRAW X3 (en que o X representa o 10 en números romanos). De xeito similar, o paquete Microsoft Office pasou da versión 12 (Office 2007) á 14 (Office 2010). Segundo Jensen Harris, o Lead Program Manager para o Microsoft's Office User Experience Team, o 13 foi omitido debido á aversión polo número. WinZip tampouco sacou unha versión número 13, pasou directamente da 12 á 14.WinZip – Version History
A rede do Metro de Madrid ten 12 liñas, e a próxima en entrar en servizo será a liña 14, co que evita o número 13.Metronorte, ¿nueva línea 14 de Metro? - Es por Madrid Pola súa banda, a Empresa Municipal de Transportes de Madrid nunca tivo unha liña regular co número 13.El transporte público madrileño y el número 13 - ecomovilidad
A edición de 2012 do programa de telerrealidade español Gran Hermano, que sería a décimo terceira, foi denominada Gran Hermano 12+1, co fin de evitar este número.
Supersticións e fobias similares A tetrafobia é o medo ao número 4. Na China, o Xapón e Corea, é común que os hoteis e os hospitais non teñan cuarta planta. A palabra xaponesa shi (死), que quere dicir morte, pronúnciase igual có 4, así que o 4 adoita pronunciarse como yon. Nalgúns hospitais non existe a habitación número 42 (shi-nin). Trátase dun número de moi mal agoiro, xa que se pode traducir como "prepararse para morrer". Da mesma forma, algunhas maternidades non posúen o cuarto 43 (shi-san), xa que se pronuncia igual que "parto morto".
En Italia, o número da mala sorte é o 17, pois en números romanos escríbese XVII. Ao reordenar as súas letras atópase VIXI, expresión latina antigamente usada nas lápidas que significa "vivín", é dicir, "a miña vida é pasado".Sabías que el viernes 17 en Italia - Conociendo Italia
Doutra banda, a hexakosioihexekontahexafobia, tamén chamada trihexafobia, é o medo irracional ao 666, tamén coñecido no cristianismo como "o número da besta". Esta fobia orixínase no libro da Apocalipse, en concreto na pasaxe 13:18 (capítulo 13, versículo 18), que indica que ese número está ligado a Satanás ou ao Anticristo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Bowen, J.: Friday the 13th. Salon Mag. 13 de agosto de 1999. Coriat, I. H.: Abnormal Psychology 2, vi, p. 287, 1911. Ferm, V.: A Brief Dictionary of American Superstitions. Nova York: Philosophical Library, 1965. Krischke, W. This Just Might Be Your Lucky Day. Frankfurter Allgemeine Zeitung. 1 de novembro de 2001. Lachenmeyer, Nathaniel: 13: The Story of the World's Most Popular Superstition. Nova York: Four Walls Eight Windows (2004). ISBN 1-56858-306-0. Mikkelson, D. P. e Mikkelson, B.: Friday the Thirteenth. Scanlon, T. J. et al.: Is Friday the 13th Bad for Your Health? British Medical Journal, Dec. 18-25, 1993, 1584-1586. Thea, Christopher: What A Dollar Has To Tell You -13 Gentle Reminders- / O Que Un Dólar Ten Para Dicirche -13 Sutís Suxestións- Outskirts Press (2004) ISBN 978-1-932672-49-7
Ligazóns externas Adams, C.: Why Is the Number 13 Considered Unlucky? The Straight Dope. Emery, D.: Why Friday the 13th Is Unlucky. Harris, T. How Friday the 13th Works.
Categoría:Crenzas e supersticións Categoría:Psicoloxía social Categoría:Fobias