Domitila Gutiérrez Alba, nada en Vilarello (Cervantes) en 1926, foi unha guerrilleira antifascista galega.

Traxectoria Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o seu pai Juan Gutiérrez Santín foi sacado da casa por falanxistas o 20 de agosto e asasinado. Domitila incorporouse á partida do seu irmán Abelardo, xunto cos outros irmáns Baldomero e Jovino. Foi detida en novembro de 1939 coa súa nai Consuelo Alba Digón e a súa irmá Florinda Gutiérrez Alba e ingresou no Campo de concentración de Figueres. En 1945 foi procesada cos seus irmáns Abelardo e Jovino e a súa nai Consuelo no sumario 180/1945 polo delito de agresión a forza pública, facéndose requisitoria para que se presentara.La Voz de Galicia, 6-7-1945, p. 3. En decembro de 1947 apareceu na prensa unha requisitoria demandando a súa presentación no Xulgado Militar eventual nº 1 de Lugo pola causa 215/46.El Progreso, 27-12-1946, p. 2. Estivo tres anos agochada, despois refuxiouse oito meses no convento de Cristo Rei de Viveiro con outra identidade, simulando que ía estudar para escapar da represión.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Cervantes Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en ano descoñecido