Marcial García Barros, nado en Ourense cara a 1890 e finado na mesma cidade o 28 de xullo de 1937, foi un militar e político galego.
Traxectoria Tenente de Enxeñeiros. Garda de asalto e xefe da garda de asalto de Ourense. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi xulgado en consello de guerra presidido por Ambrosio Feijoo Pardiñas no que actuou como fiscal Joaquín Otero Goyanes o 23 de marzo de 1937, con Anselmo López García, Marcelino Otaduy Vázquez, Manuel Suárez Castro, Eduardo París Villar, Antonio Taboada Nóvoa e Higinio López Barrio.La Región, 24-3-1937, p. 3. Condenado a pena de morte foi fusilado o 28 de xullo de 1937 no Campo de Aragón.La Región, 29-7-1937, p. 3.
Vida persoal
Vivía en Ourense co seu cuñado Fructuoso Manrique Martín e a súa irmá Josefa García Barros. Prometeuse en Ourense con Maruja Castilleiras Losada en abril de 1936.La Región, 18-4-1936, p. 5. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Héroes o traidores, artigo de Sergio García Ferrera en La Región, . Expediente de responsabilidades políticas de Marcial García Barros, Anselmo López García, Marcelino Otaduy Vázquez, Eduardo París Villar, Higinio López Barrio; Antonio Taboada Nóvoa e Manuel Suárez Castro.
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ourense
Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1937