James Barton Longacre, nado o 11 de agosto de 1794 no condado de Delaware, Pensilvania, e finado o 1 de xaneiro de 1869 en Filadelfia, foi un retratista, gravador e deseñador de moedas estadounidense, que ocupou o posto de gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1844-1869)."James B. Longacre. US Coin Chief Engraver and Designer". USA Coin Book."James Barton Longacre". Find a Grave.
Traxectoria
Orixes e carreira como retratista (1794-1844) esquerda|miniatura|234x234px|Autorretrato de Longacre ca. 1807.
James Barton Longacre naceu nunha granxa do condado de Delaware, en Pensilvania, o 11 de agosto de 1794. A súa nai, Sarah Burton, morreu ao pouco tempo e o seu pai, Peter Longacre, descendente dos primeiros colonos suecos en Norteamérica, casou novamente."James Barton Longacre". Prabook.comHistory of the Longacre-Longaker-Longenecker Family. Lutheran Publication Society, Filadelfia. 1902. Páxina 75. James non aceptou esta nova situación e, como consecuencia, abandonou a familia aos 12 anos e procurou un traballo na cidade de Filadelfia. Inicialmente exerceu como aprendiz nunha libraría, cuxo propietario o acolleu na súa familia. O libreiro, John E. Watson, decatouse axiña da habilidade de Longacre para o retrato e deixoulle liberdade para a súa creación artística, e mesmo comercializou algúns dos seus retratos na libraría."Chief engraver of the U.S. Mint: James B. Longacre". Coin Collecting. 27 de abril de 2021.Snow, R. (2009). Páxina 219.
Máis tarde, James Longacre pasou a ser aprendiz de George Murray, director da compañía de gravado Murray, Draper, Fairman & Co., tamén en Filadelfia.Bowers, Q. D. (2006). Páxinas 55-56. Este negocio derivaba doutro anterior establecido por Robert Scot, o primeiro gravador xefe da Casa da Moeda de Filadelfia. Nesta compañía, Logacre estivo ata 1819 facendo gravados de retratos de personaxes como George Washington, Thomas Jefferson e John Hancock, algúns dos cales foron colocados nunha reprodución facsimilar da Declaración de Independencia dos EEUU. Na mesma empresa coincidiu, entre 1816 e 1819, con Christian Gobrecht, que máis adiante sería o segundo gravador xefe da Ceca de Filadelfia.Smith, P. (2012). Páxina 133.
miniatura|253x253px|Edición de John Binns (1819) da Declaración de Independencia dos EEUU, con retratos feitos por James B. Longacre.
Os traballos de Logacre proporcionáronlle boa sona como gravador e retratista e, en 1819, estableceu o seu propio negocio na mesma cidade.
A primeira encarga relevante que Longacre acadou nesta nova etapa foron unhas pranchas para a Encyclopedia (1820) de S. F. Bradford. No mesmo ano, logrou moita aceptación popular un gravado do xeneral Andrew Jackson feito por Longacre a partir dun retrato a cargo de Thomas Sully. En 1826 levou a cabo unha serie de retratos de actores da época no desempeño dos seus papeis, para seren publicados en The American Theatre.Bowers, Q. D. (2006). Páxina 56. Na mesma década de 1820, encomendóuselle a Longacre o gravado das ilustracións para as biografías dos asinantes da Declaración de Independencia, que John Sanderson foi publicando en nove volumes entre 1820 e 1827. Esta serie biográfica recibiu numerosas críticas polos seus textos, mais non así polas súas ilustracións. De feito, o escritor numismático Richard Snow suxire que estas publicacións acadaron un bo nivel de vendas grazas á calidade do traballo de Longacre.Snow, R. (2009). Páxina 219-220.
Logo da experiencia da súa participación na serie de Sanderson, Longacre propúxose editar a súa propia serie de biografías ilustrada con láminas dos seus protagonistas. Cando levaba xa investidos 1.000 dólares neste proxecto coñeceu que James Herring estaba a desenvolver unha serie similar na cidade de Nova York. En outubro de 1831, escribiulle unha carta a Herring e, a partir deste contacto, ambos acordaron traballar xuntos para sacar á luz a serie The American Portrait Gallery, posteriormente denominada National Portrait Gallery of Distinguished Americans, que se publicou en catro volumes entre 1834 e 1839. Aínda que Herring era tamén artista, o groso do traballo artístico desta serie recaeu en Longacre, que tivo que viaxar por todos os EEUU e coñeceu a personalidades da política e da sociedade da súa época, entre eles o presidente e varios expresidentes.Snow, R. (2009). Páxina 220-221. En xullo de 1832, a popular revista da época Niles' Register describiu estes gravados de Longacre como "unha das mellores mostras do avance estadounidense na arte".149x149pxLongacre & Herring. (1834-1839). National Portrait Gallery of Distinguished Americans.Volume I1834Ver en liñaVolume II1835Ver en liñaVolume III1836Ver en liñaVolume IV1839Ver en liña
En 1827, Longacre casou con Eliza Stiles, e entre o ano seguinte e 1840 naceron os seus tres fillos e dúas fillas. As vendas da serie de biografías decreceran notablemente por mor do Pánico de 1837 e Longacre viuse na obriga de se declarar en creba, e comezou a viaxar polos estados do Sur e do Medio Oeste vendendo os seus libros de vila en vila, en tanto que a súa muller e a súa filla máis vella administraban os envíos e as finanzas desde a súa casa. En 1837 decidiu regresar a Filadelfia, onde abriu cuns socios a empresa de gravado de billetes Toppan, Draper, Longacre & Co. A grande demanda de papel moeda por parte dos bancos estatais fixo prosperar a empresa, que á parte da súa sede central en Filadelfia abriu unha sucursal en Nova York. Segundo Richard Snow, Longacre era coñecido nesa época como o mellor gravador do país.Snow, R. (200 9). Páxina 221.
Gravados de retratos de Longacre (1819-1844)
Gravador xefe da US Mint (1844-1869)
Nomeamento miniatura|257x257px|Autorretrato de James B. Longacre ca. 1845.
O falecemento de Christian Gobrecht en xullo de 1844 deixou vacante o posto de gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos. Entre os que estaban como candidatos a sucedelo figuraban o gravador de billetes de Filadelfia Charles Welsh, e tamén Allen Leonard, quen xa fora autor dunha medalla emitida pola US Mint dedicada ao expresidente John Quincy Adams. No entanto, grazas á influencia do senador e exvicepresidente John C. Calhoun, Longacre foi o elixido para o posto.Taxay, D. (1983). Páxinas 204-205.
Longacre foi nomeado interinamente polo presidente John Tyler o 16 de setembro de 1844. A provisionalidade do nomeamento debeuse a que este precisaba a confirmación do Senado. Non foi ata o 17 de decembro dese mesmo ano cando o presidente Tyler enviou a esta cámara o nomeamento de Longacre, para a súa tramitación, que finalmente foi formalmente ratificada o 7 de xaneiro de 1845.Journal of the Executive Proceedings of the Senate... Páxinas 361, 375. En opinión do numismático David Lange, a Longacre agradáballe a súa chegada a este posto nun momento en que o traballo dos gravadores se reducira grazas á aparición da fotografía por daguerrotipo.Lange, D. W. (2006). Páxina 90.
Para o numismático Q. David Bowers, logo do seu nomeamento como gravador xefe, Longacre "descubriu que entrara nun niño de intrigas, política e loitas internas dominado por Franklin Peale, xefe de cuñaxe desde 1839". Peale utilizaba persoal da ceca pública para traballar na súa residencia privada e ademais tiña un negocio paralelo, preparando cuños para a cuñaxe de medallas por parte de compañías privadas utilizando os recursos da US Mint.Taxay, D. (1983). Páxina 183. Peale controlaba o acceso aos cuños e aos materiais, e era moi próximo ao director da ceca, Robert M. Patterson; máis tarde demostrouse que ambos estiveran subtraendo metais preciosos dos depósitos de lingotes, coa complicidade doutros funcionarios da Casa da Moeda de Filadelfia.Bowers, Q. D. (2006). Páxinas 5 6-57.Snow, R. (2009). Páxina 222.Taxay, D. (1983). Páxinas 205-206. Walter Breen, no seu extenso volume sobre as moedas estadounidenses, suxire que o director, Patterson, estaba resentido con Longacre por mor do patrocinio por parte do senador Calhoun para que este fose nomeado gravador xefe.Breen, W. (1988). Páxina 476.
Etapa de Patterson e Peale (1844-1853)
miniatura|213x213px|Robert Maskell Patterson, director da US Mint durante a primeira etapa de Longacre na institución.
Durante os primeiros anos de Longacre como gravador xefe non se precisaron deseños orixinais para novas moedas. O seu predecesor, Gobrecht, xa redeseñara todos os valores das moedas circulantes nos Estados Unidos entre os anos 1835 e 1842, polo que Longacre tivo tempo suficiente para aprender as peculiaridades da arte da produción de cuños para cuñaxe de moeda, que non precisara na súa anterior etapa como gravador de obra impresa. As súas novas competencias ían desde o deseño das moedas ata o gravado das matrices para a produción dos cuños. O seu labor anterior, no sector privado, consistira na marcaxe de liñas en placas de cobre que despois se utilizaban nas reproducións na imprenta.DeLorey, T. (1985). Páxina 1.970. En relación con isto, en agosto de 1845, o director da ceca, Patterson escribiulle unha carta ao secretario do Tesouro, Robert J. Walker, na que dicía que Longacre era "un home de excelente carácter, moi respectado nesta comunidade, con certa notoriedade como gravador de cobre, mais non un gravador de cuños". En decembro do mesmo ano, nunha nova carta a Walker, Patterson afirmaba xa que Longacre tiña "máis gusto e mellor criterio para producir instrumentos para unha cuñaxe mellorada que os seus predecesores" e continuaba dicindo que era "bastante competente para elaborar os modelos necesarios a partir dos debuxos". O investigador Don Taxay atribúe estes eloxios de Patterson a Longacre ao feito de que Allen Leonard seguía a postularse para o posto de gravador xefe.Taxay, D. (1983). Páxina 205.
Nas primeiras moedas cuñadas pola US Mint no período de Longacre como gravador xefe pódense apreciar numerosos erros, como é o caso do medio dólar de 1844 cuñado na Ceca de Nova Orleáns (1844-O), que aparece coa data duplicada, ou o medio dólar de 1846 co número 6 superposto a outro que orixinariamente se gravara en posición horizontal. Q. David Bowers postula que é probable que Longacre delegase ese labor, aínda que en 1849 escribiu que o seu quefacer diario consistía precisamente en gravar as datas nos cuños.Bowers, Q. D. (2001). Páxina 78. Tom DeLorey sinala, a este respecto, que era frecuente que Peale e outros traballadores do departamento de cuñaxe modificasen os cuños sen consultar co departamento de gravado, encabezado por Longacre, e atribúe a Peale a responsabilidade destes erros.DeLorey, T. (1985). Páxina 1.971.
Malia as tensións existentes entre os membros da Ceca de Filadelfia, Longacre foi quen de evitar o conflito con Patterson e con Peale ata marzo de 1849, cando o Congreso autorizou a emisión de dúas novas moedas de ouro, con valores dun dólar e de 20 dólares. Patterson consideraba que a pertenza de Longacre ao cadro da Ceca de Filadelfia supuña un obstáculo para o negocio paralelo das medallas por parte de Peale, e manifestou a súa disconformidade con que o gravador xefe se responsabilizase do gravado dos cuños para as novas moedas. Segundo Richard Snow, "ter un gravador xefe ético ameazaba os seus negocios paralelos". O conflito xurdiu pola necesidade de utilizar un torno para o gravado de retratos que necesitarían tanto Longacre, para as novas moedas, como Peale, para o seu negocio privado das medallas. Cando Longacre se queixou de que Peale estaba a monopolizar o uso deste dispositivo, este último tomou a determinación de boicotear o traballo de Longacre coas novas moedas e mesmo de intentar que fose destituído do seu posto.