Colin Luther Powell, nado en Harlem (Nova York) o 5 de abril de 1937, e finado en Bethseda (Maryland) o 18 de outubro de 2021,Preferred pronunciation rhymes with "bowel", not "bowl" (as in Charles Powell, Baron Powell of Bayswater) – see Alexander Chancellor, "You Say Tomato", The New Yorker. 9 de agosto de 1993, p. 27. foi un político, diplomático e xeneral estadounidense que foi o 65º secretario de Estado dos Estados Unidos de América, equivalente ao ministerio de exteriores daquel país, entre 2001 e 2005. Powell foi o primeiro secretario de Estado afroamericano.The first African American secretary of state, Colin Powell , The African American Registry. Antes da elección de Barack Obama como presidente en 2008, Powell e a súa sucesora, Condoleezza Rice, eran os afroamericanos que chegaran a un escalafón maior na historia do poder executivo a nivel federal, xa que o secretario de Estado é o cuarto na liña de sucesión presidencial nos Estados Unidos.

Traxectoria Powell naceu en Nova York en 1937 e criouse no South Bronx. Os seus pai, Luther e Maud Powell, inmigraron aos Estados Unidos desde Xamaica. Powell estudou en escolas públicas neoiorquinas e graduouse no City College of New York (CCNY), onde recicibu un grao en xeoloxía. Tamén participou nun ROTC no CCNY e recibiu unha comisión como subtenente do exército logo de graduarse en xuño de 1958. Powell foi soldado profesional durante 35 anos, durante os cales ocupou moitos cargos de mando e persoal e chegou ao rango de xeneral de catro estrelas. Foi Comandante do Comando das Forzas do Exército dos Estados Unidos en 1989.

O seu último cometido, de outubro de 1989 a setembro de 1993, foi o de actuar como 12.º presidente dos Joint Chiefs of Staff, o máis alto cargo militar do Departamento de Defensa. Durante este tempo, supervisou 28 crises, incluías a invasión de Panamá en 1989 e a Operación Tormenta do Deserto na guerra do Golfo contra Iraq en 1990-1991. Formulou a Doutrina Powell que limita a acción militar estadounidense a menos que cumpra os criterios relativos aos intereses de seguridade nacional dos Estados Unidos, a forza esmagadora e o amplo apoio público.LaFeber, 2009. Deste xeito, inicialmente, foi contrario á intervención nas guerras de Iugoslavia. Posteriormente foi nomeado secretario de Estado ao servizo do presidente republicano George W. Bush. O seu mandato foi moi controvertido debido á súa imprecisa xustificación da guerra de Iraq en 2003. Como secretario de Estado foi o responsable de presentar ante o Consello de Seguridade da ONU supostas probas do arsenal militar de Iraq, incluso "armas de destrución masiva", para xustificar a intervención. Posteriormente estas afirmacións foron desmentida polos feitos. Foi cesado despois de que Bush fose reelixido en 2004.Walter LaFeber says, "the president forced Powell to resign." LaFeber "The rise and fall of Colin Powell and the Powell Doctrine." Political Science Quarterly 124.1 (2009) p. 71.

Trala súa retirada, Powell escribiu a súa autobiografía, My American Journey. Iniciou unha carreira como confereciante, dirixíndose ao público en todo o país e no estranxeiro. Antes do seu nomeamento como Secretario de Estado, foi o director de America's Promise – The Alliance for Youth, organización sen ánimo de lucro dedicada a mobilizar persoas de calquera sector da vida estadounidense para construír o carácter e a competencia da mocidade. Powell recibiu numerosas condecoracións. Entre os galardóns civís está a Medalla Presidencial da Liberdade (dúas veces), a Congressional Gold Medal, a Presidential Citizens Medal, a Secretary of State Distinguished Service Medal e a Secretary of Energy Distinguished Service Medal. En 2016, a pesar de non ser candidato á elección, Powell recibiu tres votos electorais para optar á presidencia dos Estados Unidos de América. Tratouse de tres electores do estado de Washington que deberían votar por Hillary Clinton e que na sesión do colexio electoral votaron finalmente por Colin Powell.

Faleceu o 18 de outubro de 2021 por mor de complicacións de COVID-19.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Powell, Colin A. e Joseph Persico, My American Journey, Ballantine Books, 1995. . Powell, Colin A. e Tony Koltz, It Worked for Me: In Life and Leadership, Harper, 2012. Excerpts from My American Journey, TIME, 18 de setembro de 1995. DeYoung, Karen, Soldier: The Life of Colin Powell, Alfred A. Knopf, 2006. .

Ligazóns externas Colin Powell: America's Best Leaders from U.S. News & World Report Issue positions and quotes at On the Issues Colin Powell Quotes Americans in the U.S. Army The American Presidency Project: Remarks on the Retirement of General Colin Powell in Arlington, Virginia, September 30, 1993 Address to the National Summit on Africa, Washington, D.C., febreiro de 2000 Remarks to the United Nations Security Council, 5 de febreiro de 2003 Complete text, audio, video of Colin Powell's Remarks to the UN Security Council AmericanRhetoric.com "Curveball" Revelations Indicate falsified info used to start Iraq war and esp used for Powell's UN presentation on Iraq WMDs, 5 de novembro de 2007 Colin Powell demands answers over Curveball's WMD lies, Ed Pikington, Helen Pidd e Martin Chulov, The Guardian, 16 de febreiro de 2011 WARGS: Ancestry of Gen. Colin Powell

Categoría:Nados en Manhattan Categoría:Nados en 1937 Categoría:Políticos dos Estados Unidos de América Categoría:Militares dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana Categoría:Estadounidenses de ascendencia escocesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia xamaicana Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade Categoría:Finados pola COVID-19 nos Estados Unidos de América