miniatura|Hirsi protestando en contra da violencia armada en 2018. Isra Hirsi, nada o 22 de febreiro de 2003, é unha activista ambiental estadounidense. Ela cofundou e traballou como codirectora executiva da Folga Climática Xuvenil dos Estados Unidos de América En 2020, foi nomeada na lista de política e goberno 40 Under 40 de Fortune.

Traxectoria Hirsi creceu en Minneapolis, Minnesota, e é filla da congresista estadounidense Ilhan Omar e Ahmed Abdisalan Hirsi. Á idade de 12 anos, foi unha das participantes que protestaban por xustiza para Jamar Clark no Mall of America. Hirsi é estudante da Minneapolis South High School. Involucrouse no activismo climático despois de unirse ao club ambiental da súa escola secundaria no seu primeiro ano.

Hirsi coordinou a organización de centos de folgas dirixidas por estudantes nos Estados Unidos o 15 de marzo e o 3 de maio de 2019. En xaneiro de 2019, foi cofundadora da Folga xuvenil polo clima nos Estados Unidos Actúa como a codirectora executiva deste grupo. No 2019 gañou o premio Brower Youth. Ese mesmo ano, Hirsi recibiu o premio Voice of the Future. En 2020, Hirsi foi incluída na lista "Future 40" de BET.

Notas

Categoría:Ecoloxistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados en Minneapolis, Minnesota