miniatura|300px|Infografía sobre os agarrados galegos. Os agarrados son bailes de divertimento, efectuados en parella, nos que os bailadores manteñen contacto físico entre eles.
Orixe A finais do século XVIII, a consecuencia das mudanzas sociais propiciadas pola Revolución Francesa, os ríxidos bailes soltos das cortes europeas comezaron a ser abandonados. Apareceron entón outros bailes de raíz popular, con estruturas máis sinxelas, cuxa característica principal era ser realizados por parellas entrelazadas. Malia ao inicial rexeitamento da nobreza, a causa da súa humilde orixe, e do clero, que vía neles un relaxamento da moralidade cristiá, os bailes agarrados impuxéronse plenamente ao longo do século XIX sendo difundidos por toda Europa.Martínez San Martín (1998). pp.128-129
Introdución en Galiza
Os agarrados introducíronse en Galiza mediante os movementos de poboación (segas en Castela, servizo militar, emigración), e pola imitación dos estamentos sociais máis elevados das tendencias europeas.Mártinez San Martín (1998). p.125 Paralelamente a súa chegada, produciuse tamén a de novos instrumentos musicais (saxofóns, clarinetes, acordeóns) e novas agrupacións de músicos (charangas, bandas de música). Estas influencias foráneas modificaron definitivamente as festas populares galegas, onde foron substituíndo progresivamente aos bailes soltos e á tradicional figura do gaiteiro acompañado polo tambor.
Este proceso atopou a resistencia dos defensores da "pureza" da tradición galega, cóntase que Perfecto Feijoo, fundador de Aires da Terra, chegou a abandonar indignado unha romaría ao ver á xente bailar unha mazurca. Malia isto, a introdución dos novos bailes foi imparábel, nos seráns e foliadas tradicionais cada rolda de bailes encadeados (festa) levaba primeiro dous bailes soltos (muiñeira e xota) e despois varios agarrados. Creáronse tamén xogos con baile solto que incluían partes de agarrado, de xeito que aos poucos os bailes fóronse adaptando ao xeito do país dando lugar a variantes mesturadas propiamente galegas.
Os agarrados atoparon tamén a oposición da igrexa católica, que vía neles unha incitación á luxuria. A comezos do século XX os cregos chegaban a negar a confesión aos fregueses que bailaban o valse ou a polca. A oposición clerical intensificouse após a guerra civil española, coa toma do poder polo franquismo, precisamente cando da man da radio se intensificou a difusión dos bailes "pecaminosos". Naquel tempo, os seráns das aldeas foron prohibidos de facto, e mesmo un cardeal primado, Pedro Segura y Sáenz, chegou ao extremo de excomungar os boleros.
Tipos miniatura|Baile agarrado a comezos do século XX. Os agarrados galegos poden ser clasificados en dous gruposMartínez San Martin (1998). pp.129-130:
Importados:
Valse: Orixinario de Austria e Alemaña, e un baile de compás ternario que non sufriu grandes adaptacións.
Polca (tamén chamada Danza): Orixinada en Bohemia, bailase nun compás binario e frecuentemente en formación circular de existiren varias parellas de bailadores.
Mazurca (denominada tamén "tres saltos"): Procedente de Mazovia (Polonia), é de compás ternario e bailase con dous pasos de marcha e un salto.
Pasodobre: Orixinado nas marchas militares españolas do século XVIII.
Rumba: Nada en Cuba, introduciuse na música galega co retorno da emigración á illa a comezos do século XX.
Evolucións galegas:
Charrasquiño: Variante do valse que se acompaña coas pandeiretas. As cantareiras determinan as evolucións dos bailadores. Chiqui-Chiqui: Variante rápida do pasodobre propia das comarcas do sur de Pontevedra. Muiñeira corrida: Baile que mestura o pasodobre, parte principal da melodía ou canto, coa muiñeira, que se toca no retrouso a paso de "galope".
Esparabán: semellante á muiñeira corrida, cun desprazamento lateral nas partes de muiñeira.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Baile tradicional galego