miniatura|A parte máis antiga de Kehräsaari. Kehräsaari é unha área comercial e de negocios situado á beira do Tammerkoski, no barrio de Nalkala entre a praza Laukontori e o centro comercial Koskikeskus, na cidade de Tampere (Finlandia). Antigamente Kehräsaari foi unha illa na que se encontraba unha fábrica de agullas.
Na actualidade acolle, entre outras cousas o Cine Niagara e varios restaurantes. Ao carón de Kehräsaari encóntrase a fábrica de cartón de Tako.
En 1986 finalizou a construción da ponte de Kehräsaari, unha ponte peonil que conecta a área con Vuolteentori e Koskikeskus na outra beira do Tammerkoski.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Panorámica de Kehräsaari en VirtualTampere.com
Categoría:Tampere