Celastraceae, as celastráceas, é unha familia de plantas da orde Celastrales. Agrupa arredor de 90 a 100 xéneros e 1300 especies de rubideiras, arbustos e pequenas árbores. A gran maioría dos seus xéneros son tropicais, excepto Celastrus e Euonymus, amplamente estendidos por latitudes de clima temperado.

Descrición Son árbores ou arbustos, ás veces escandentes, pubescentes, glabros ou case glabros; plantas hermafroditas, poligamodioicas ou dioicas. Follas alternas, opostas e verticiladas, simples, enteiras, crenadas e aserradas, con cristais de oxalato de calcio; estípulas persistentes, caducas ou ausentes. Inflorescencias axilares ou en nós florais acompañados de follas non desenvoltas, cimosas, tirsoides, en acios ou fasciculadas, brácteas presentes, erosas, flores actinomorfas; sépalos 4 ou 5, libres ou unidos na base, imbricados, algunhas veces persistentes; pétalos 4 ou 5, libres, imbricados; estames en igual número que as partes do perianto, filamentos libres xurdindo por debaixo ou na marxe do disco, alternipétalos ou alternisépalos, anteras tetrasporanxiadas e ditecas ou bisporanxiadas, dehiscencia lonxitudinal, comunmente introrsas ou laterais (extrorsas e ás veces case terminais en Euonymus); ovario súpero, semisúpero ou raras veces semiínfero, 2–5-carpelar, con igual número de lóculos como carpelos, algunhas veces abortando un lóculo, estilo terminal, en xeral curtamente 2–5-lobado, óvulos (1) 2 (3), 2–6 en Canotia, numerosos en Goupia, erectos, raras veces péndulos, placenta axilar. Froito cápsula, sámara, baga ou drupa; sementes a miúdo ariladas.

Sinonimia Canotiaceae, Chingithamnaceae, Goupiaceae, Lophopyxidaceae, Siphonodontaceae. Segundo o Sistema de Cronquist. Brexiaceae. , Plagiopteraceae , Stackhousiaceae Brexiaceae, Canotiaceae, Chingithamnaceae, Euonymaceae, Hippocrateaceae, Salaciaceae, Siphonodontaceae, Stackhousiaceae

Subfamilias Contén as seguintes sufamilias:USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Online Database]. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. URL: (31 de outubro de 2013) Celastroideae Hippocrateoideae Parnassioideae Salacioideae Stackhousioideae

Xéneros Acanthothamnus Allocassine Anthodon Apatophyllum Apodostigma Arnicratea Bequaertia Bhesa Brassiantha Brexiella Campylostemon Canotia Cassine Catha Celastrus Cheiloclinium Crocoxylon Crossopetalum Cuervea Denhamia Elachyptera Elaeodendron Euonymus Evonymopsis Fraunhofera Glyptopetalum Goniodiscus Gyminda Hartogiella Hartogiopsis Hedraianthera Helictonema Hexaspora Hippocratea Hylenaea Hypsophila Katafa Kokoona Loeseneriella Lophopetalum Macgregoria Maurocenia Maytenus Menepetalum Microtropis Monimopetalum Monteverdia Mortonia Mystroxylon Orthosphenia Paxistima Peripterygia Peritassa Perrottetia Plagiopteron Platypterocarpus Plenckia Pleurostylia Polycardia Prionostemma Pristimera Psammomoya Pseudosalacia Ptelidium Pterocelastrus Putterlickia Quetzalia Reissantia Rzedowskia Salacia Salacighia Salaciopsis Salvadoropsis Sarawakodendron Scandivepres Schaefferia Semialarium Simicratea Simirestis Siphonodon Stackhousia Tetrasiphon Thyrsosalacia Tontelea Torralbasia Tripterococcus Tripterygium Tristemonanthus Wimmeria Xylonymus Zinowiewia Notas

Véxase tamén Bibliografía Fl. Guat. 24(6): 201–218. 1949; Fl. Pan. 62: 45–56. 1975; B.E. Hammel. Three new species of Celastraceae from Costa Rica, one disjunct from Mexico. Novon 7: 147–155. 1997.