A escultura helenística representa unha das máis importantes expresións da cultura helenística, e a etapa final da evolución da tradición grega de escultura na Antigüidade. A definición da súa vixencia cronolóxica, ben como das súas características e significado, teñen sido obxecto de moita discusión entre os historiadores da arte, e parece que o consenso está lonxe de se alcanzar.RIDGWAY, Brunilde (2001). Hellenistic sculpture I. University of Wisconsin Press. pp. 3-6 Usualmente, considérase o período helenístico comprendendo o intervalo entre a morte de Alexandre o Grande, en ., e a conquista de Exipto polos romanos en .Hellenistic Age. Encyclopaedia Britannica online. Consultado o 11 de abril de 2009 As súas características xenéricas defínense polo eclecticismo, secularismo e historicismo, tomando como base a herdanza da escultura grega clásica e asimilando influencias orientais.Western sculpture: Hellenistic period. Encyclopaedia Britannica online. Consultado o 11 de abril de 2009

Entre as súas contribucións orixinais á tradición grega de escultura están o desenvolvemento de novas técnicas, a mellora da representación da anatomía e da expresión emocional humanas, e unha mudanza nos obxectivos e abordaxes da arte, abandonándose o xenérico polo específico. Iso traduciuse no abandono do idealismo clásico de carácter ético e pedagóxico en troques da énfase dos aspectos humanos cotiáns e a redirección da produción para fins puramente estéticos e, ocasionalmente, propagandísticos. A atención dada ao ser humano e a súa vida interior, as súas emocións, os seus problemas e anhelos comúns, resultou nun estilo realista que tendía a reforzar o drama, o prosaico e o movemento, e con iso foron aparecendo os primeiros retratos individualizados e dotados de verosimilitude da arte occidental. Ao mesmo tempo, ocorre unha grande ampliación da temática, coa inclusión de representacións da vellez e da infancia, de deidades menores non-olímpicas e personaxes secundarios da mitoloxía grega, e de figuras do pobo nas súas actividades diarias.Hellenistic Greek Sculpture. Encyclopedia of Irish and World Art.RIDGWAY, Brunilde (2001). p. 10

O gusto polo historicismo e a erudición que caracterizou o período helenístico reflectiuse na escultura de forma a incentivar a produción de obras novas de índole deliberadamente retrospectiva, e tamén de copias literais de obras antigas, especialmente en función da ávida procura por composicións célebres clasicistas de parte do gran mercado consumidor romano. Como consecuencia, a escultura helenística tornouse unha influencia central en toda a historia da escultura da Roma antiga. A través da Roma helenizada preservouse para a posteridade un inestimábel acervo de modelos formais e de copias de pezas importantes de autores gregos consagrados, cuxos orixinais acabaron desaparecendo en épocas posteriores, e sen as cales o noso coñecemento da escultura da Grecia antiga sería moito máis pobre.Western sculpture: Hellenistic period. Encyclopaedia Britannica online, 22 de abril de 2009 Por outra banda, o imperialismo de Alexandre en dirección ao Oriente levou a arte grega até rexións distantes de Asia, influenciando as producións artísticas de diversas culturas orientais, orixinando unha serie de derivacións estilísticas híbridas e a formulación de tipoloxías escultóricas novas, entre as cales talvez a máis seminal no Oriente fose a fundación da iconografía do Buda, até entón vedada pola tradición budista.BANERJEE, Gauranga Nath. Hellenism in Ancient India. Read Books, 2007. pp. 74-76

Para o Occidente moderno, a escultura helenística foi importante como forte influencia sobre a produción renacentista, barroca e neoclásica.WAYWELL, Geoffrey. Art. In JENKYNS, Richard (ed.). The Legacy of Rome. Oxford University Press, 1992. pp. 295-326 No século XIX, a escultura helenística caeu en desprestixio e pasou a ser vista como mera dexeneración do ideal clásico, un prexuízo que penetrou no século XX e só recentemente comezou a ser posto de lado, a través da multiplicación de pescudas actuais máis comprensivas sobre este tema, e a pesar de que o seu valor aínda é cuestionado por núcleos resistentes da crítica e o seu estudo está dificultado por unha serie de razóns técnicas, ao que parece a plena rehabilitación da escultura helenística xunto aos estudosos é só unha cuestión de tempo, pois para o gran público ela xa se revelou de grande interese, garantindo o éxito das exposicións onde é mostrada.RIDGWAY, Brunilde (2001). pp. 3-ssCHAMOUX, François. Hellenistic civilization. Wiley-Blackwell, 1981-2002. p. 353GREEN, Peter. Alexander to Actium. University of California Press, 1993. p. 338RIDGWAY, Brunilde (2000). Hellenistic Sculpture: The styles of ca. 200-100 B.C.. University of Wisconsin Press, p. 4

Antecedentes esquerda|miniatura|279x279px|Policleto: O Doríforo, o summum do idealismo estético do Clasicismo A escultura do Clasicismo, o período inmediatamente anterior ao período helenístico, construíuse a partir dunha poderosa estrutura ética que tiña as súas bases na tradición arcaica da sociedade grega, onde a aristocracia gobernante formulara para si mesma o ideal de aretê, un conxunto de virtudes que deberían ser cultivadas para a formación dunha moralidade forte e dun carácter socialmente apto, versátil e eficiente. Paralelamente, formulouse o concepto de kalokagathia, que afirmaba a identidade entre Virtude e Beleza. Expresando eses conceptos baixo formas plásticas, naceu un novo canon formal, desenvolvido por Policleto e polo grupo de Fidias, que buscaba a creación de formas humanas ao mesmo tempo naturalistas e ideais, a través de cuxa beleza perfecta e equilibrada se puidesen entender as virtudes do espírito.BOARDMAN, John. In BOARDMAN, GRIFFIN & MURRAY. p. 332LESSA, Fábio de Souza. Corpo e Cidadania em Atenas Clássica. In THEML, Neyde; BUSTAMANTE, Regina Maria da Cunha & LESSA, Fábio de Souza (orgs). Olhares do corpo. Mauad Editora Ltda, 2003. pp. 48-49 STEINER, Deborah. Images in mind: Statues in Archaic and Classical Greek Literature and Thought. Princeton University Press, 2001. pp. 26-33; 35

Esas ideas terían sido reforzadas pola contribución de filósofos como Pitágoras, que dicían ser a arte un poder efectivo, capaz de influenciar as persoas para o ben ou para o mal, conforme se obedecían ou violaban determinados principios de equilibrio e forma. Dicía tamén que a arte debería imitar a orde divina, que se baseaba en relacións numéricas definidas, e se expresaba na harmonía, coherencia e simetría dos obxectos naturais. El traballara as súas ideas a partir das súas pescudas coas matemáticas e a música, mais non tardou para que elas fosen aplicadas ás outras artes, incentivando un uso eminentemente ético para a creación artística e fomentando valores colectivos antes do que individuais, o que a filosofía idealista de Platón corroborou con elocuencia.BEARDSLEY, Monroe. Aesthetics from classical Greece to the present. University of Alabama Press, 1966. pp. 27-28

Contexto e características O espírito da cultura helenística comezou a se formar coa conquista de Grecia polos macedonios e coas expedicións militares de Alexandre para o Oriente, que levaron a cultura grega clásica até as marxes do río Indo e deron orixe ao establecemento de diversos reinos greco-orientais. A cultura da Grecia clásica, da cal a Macedonia era dependente, era definida dentro dunha visión do mundo relativamente limitada, circunscrita á cidade-estado, a polis. Mesmo que os gregos fundasen unha cantidade de colonias en torno ao Mediterráneo e do Mar Negro, e mantivesen contactos con outros países, a súa referencia cultural permanecía sendo a metrópole, cuxa sociedade se guiaba pola experiencia de grupos definidos vivindo nas cidades máis importantes. Segundo Jerome Pollitt, "un grego clásico podería viaxar voluntariamente para buscar aventuras, mais unha vez encerrada a aventura súa intención era retornar para a sociedade pequena, suxeita e familiar onde súa identidade se tiña estabelecido".POLLITT, Jerome (1986). Art in the Hellenistic age. Cambridge University Press. p. 1

Coa presenza macedonia en pleno solo grego, e co espírito imperialista de Alexandre Magno, ese mundo máis ou menos estático sofre un profundo abalo e comeza a probar unha transformación que tornaría aquela vida tradicional e comunitaria unha cousa do pasado. Alexandre fundou varias cidades nas súas campañas, incentivando migracións importantes de poboacións gregas, incluíndo miles de artistas, que ían tentar a sorte nun ambiente étnico e cultural estraño, construíndo sociedades novas cuxa nota dominante era a inseguridade e mobilidade, en todos os niveis.TRITLE, Lawrence. Alexander and the Greeks: Artists and Soldiers, Friends and Enemies. In HECKEL, Waldemar & TRITLE, Lawrence (eds). Alexander the Great. Wiley-Blackwell, 2009. p. 129 Despois da súa morte, os seus sucesores entraron nunha serie de disputas de poder, provocando o colapso do imperio en medio dunha axitación intensa e unha perda xeneralizada dos antigos referenciais e expectativas da sociedade greco-macedonia.GREEN, Peter. pp. 337-338POLLITT, Jerome (1986). p. 1 miniatura|274x274px|A vella bébeda, século II a.C., copia romana. Museos Capitolinos. Na dirección oposta Roma iniciaba a súa belicosa e depredadora, expansión, e declinan a autoconfianza, o idealismo e os antigos valores colectivos sociais e relixiosos, xerando un retraemento e desencanto nos individuos diante da penuria moral, do cinismo político e da violencia dos tempos, aspectos que eran enmascarados pola busca do mero pracer e formalizados artisticamente a través dun realismo por veces cargado de drama. A diversidade de orixes dos colonos e a notoria xenofobia greco-macedonia dificultaban as alianzas sociais duradeiras e confiábeis nas terras conquistadas, e para os artistas o mecenado estaba suxeito a caprichos persoais e frecuentes oscilacións no gusto da elite gobernante, conforme mudaban as inclinacións da política. Non admira entón que Plinio, un clasicista, dixese que o século III a.C. foi unha fase en que as artes desapareceron. Para algúns eses tempos poden ter un chamamento excitante, mais os filósofos da época sinalan unha aguda consciencia de que a fase era de grande inestabilidade, nacendo inclusive un sentimento velado de culpa pola derrocada dos antigos valores morais diante do novo panorama urbano mundano e corrupto, que sería a fonte dunha longa tradición de busca ao retorno á vida simple, primitiva e auténtica dos labregos, do rural, mesmo que ese retorno xamais se puidese realizar de feito, senón simbolicamente, nos periódicos vaivéns e revivalismos clasicistas - o primeiro dos cales acontecería xa na fin do período helenístico - e dentro dos soños do bucolismo poético que poboan a historia da arte desde aqueles tempos até os días de hoxe.GREEN, Peter. pp. 340-341