María Magdalena Mabarak Pancardo, nada en Tuxpan o 27 de maio de 1899 e finada en Cidade de México o 27 de xuño de 1983, tamén coñecida como Magda Mabarak, foi unha escritora, poeta, contista e conferenciante mexicana.

Traxectoria Magda naceu en Tuxpan, Veracruz no ano de 1899, no seo dunha familia de orixe libanesa.

Foi principalmente autodidacta e colaborou con grupos teatrais. Durante unha estancia en Guatemala (1923-1927), publicou dous libros: enQuetzaltenango (1925), Del jardín interior, o seu primeiro libro de poemas en prosa e verso, e dous anos máis tarde, Burbujas y libélulas, observacións e reflexións sobre diversos asuntos. Durante 1925 a 1927 colaborou no xornal Nuestro diario, nunha sección titulada Yo digo...

En 1927, en misións diplomáticas, viaxou a Santiago de Chile, onde viviu preto de cinco anos e publicou Sándalo, libro de vinte poemas en prosa inspirado nas culturas orientais, ilustrado por Roberto Montenegro.

Tras unha estadía en Europa, trasladouse á Habana, onde ditou conferencias sobre arte e poesía no Círculo de Amigos da Cultura Francesa e outro ciclo, auspiciado pola Embaixada de México, sobre a Revolución Mexicana.

Organizou exposicións de artesanía mexicana e colaborou no xornal El Mundo e en revístaa Carteles, até 1937, cando volveu definitivamente a México. De regreso, publicou en 1949 Dátiles, libro de contos provenientes da tradición oral e os costumes orientais, baseados nas narracións doutros emigrantes. Formou parte do Ateneo Mexicano de Mujeres, do Club Internacional de Mujeres, do Consejo de Mujeres de México, da Unión Femenina Iberoamericana e Escritoras y Periodistas de México, entre outras asociacións. Foi tamén funcionaria e mestra no Instituto de Seguridad y Servicios Sociales de los Trabajadores del Estado (ISSSTE), e ditou conferencias en numerosos foros de América Latina.

Morreu na Cidade de México o 27 de xuño de 1983, e deixou orfo ao seu fillo, o compositor mexicano Carlos Jiménez Mabarak.

Obra Burbujas y libélulas (1927)

Sándalo, poemas de oriente (1940)

Dátiles: Cuentos del Líbano (1956)

Notas

Categoría:Nados no estado de Veracruz Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Escritores de México