Marie Van Brittan Brown, nada en Queens (Nova York) o 30 de outubro de 1922 e finada o 2 de febreiro de 1999, foi unha inventora estadounidense. Inventou un sistema de vixilancia doméstico que incluía un circuíto pechado de televisión, que rexistrou en 1966 xunto ao seu marido Albert Brown co número de patente 3,482,037. A patente foi concedida en 1969.

Invento O sistema de Brown tiña un conxunto de catro obxectivos e unha cámara que podía subir e baixar para mirar por cada un deles. Calquera cousa que a cámara filmase aparecería nun monitor. Ademais, o residente podería abrir a porta por control remoto. Aínda que o sistema foi deseñado para uso doméstico, moitos negocios comezaron a utilizalo pola súa efectividade. Pola súa invención recibiu un premio do National Science Committee.

O sistema incluía un dispositivo que permitía ao residente usar o televisor para ver á persoa que estivese fronte á súa porta e escoitar a súa voz. Brown dixo que a inspiración para crear o sistema foi a gran demora da policía para chegar tras a chamada dos residentes.

A súa contribución é recollida na campaña Superheroinas STEM.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Social Security Death Index United States Patent Office Black Stars: African American Women Scientists and Inventors, by Sullivan et ao., publ. Jossey-Bass, 2001, [ISBN 0-471-38707-X]  Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.

Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 1999