Natalia Aszkenazy, máis tarde coñecida como Natalia Drohojowska, nada en Moscova o 5 de xuño de 1915 e finada en Nova York en 1988, foi unha diplomática e conferenciante polaca durante a segunda guerra mundial.
Traxectoria Natalia Aszkenazy naceu en Moscova, filla dun banqueiro baseado en Varsovia."Polish Speaker to Lecture Here Tomorrow" Valparaiso Torch (16 de xaneiro de 1941): 1."Polish Woman Diplomat to Speak at Junior College" San Bernardino County Sun (1 de maio de 1944): 3. vía Newspapers.comligazón=Open_access|14x14px|open access publication – free to read Foi educada en Inglaterra, Francia, Italia e Suíza, antes de asistir á Universidade de Xenebra, onde estudou economía e política.Alice Myers, "Polish Woman Attaché for Unity with Russia" Christian Science Monitor (3 de febreiro de 1944): 4.
Tras un breve período na Cidade de Nova York traballando para a Cruz Vermella, Aszkenazy traballou en prensa e relacións públicas na embaixada polaca en Washington D. C. de 1939 a 1941.Hope Ridings Miller, "Natalia Aszkenazy May Go to Moscow: Member of Polish Embassy Staff Slated To Become Full-Fledged Woman Attache" Washington Post (4 de outubro de 1941): 14."Diplomatic Set Bids Farewell to Miss Natalia Aszkenazy" Washington Post (28 de novembro de 1941): 22. Foi agregada da embaixada polaca en Moscova de 1941 a 1943."Poles Want Soviet Pact" New York Times (18 de decembro de 1943): 6. Foi descrita en 1941 como "a única muller no corpo diplomático en Moscova". Durante a segunda guerra mundial deu conferencias nos Estados Unidos sobre as súas experiencias como muller diplomática e sobre as esperanzas na posguerra do pobo polaco."Playful Polish Girl Diplomat Likes Harvard, Co-Ed System" The Harvard Crimson (21 de xaneiro de 1944). A súa aprencia elegante comentábase tanto como o contido dos seus discursos.Robert Playfair, "Polish Beauty Visitor Hailed as Best-Dressed" Daily Boston Globe (16 de xaneiro de 1944): C1."Deweys Honor Envoy Leaving For Russia" Washington Post (1 de novembro de 1941): 14. Tamén deu unha conferencia nunha celebración do aniversario da constitución polaca en 1944, en Os Ánxeles."Poles Observe Anniversary of Constitution" Los Angeles Times (8 de maio de 1944): A14.
Como esposa dun diplomático, mantivo correspondencia coa poeta chilena Gabriela Mistral. Foi tamén benfeitora da pequena cidade de San Sebastián Chimalpa en México, donando libros e un pozo en 1950.
Familia Natalia Aszkenazy casou cun conde polaco, o tamén diplomático Jan Drohojowski (1901–1979), en 1943. O seu marido traballaba para o goberno de Polonia no exilio en Londres; foi máis tarde enviado a México, Nicaragua e Exipto, antes de converterse nun escritor."Woman Diplomat Tells of Underground" Daily Capital Journal (25 de abril de 1944): 10. vía Newspapers.comligazón=Open_access|14x14px|open access publication – free to read O seu fillo Adam (Pancho) Drohojowski naceu en México en 1947.Christian E. Burckel, ed., Who's Who in the United Nations (Burckel & Associations 1951): 129.
Notas
Categoría:Nados en Moscova Categoría:Alumnos da Universidade de Xenebra Categoría:Finados en 1988 Categoría:Nados en 1915 Categoría:Diplomáticos Categoría:Políticos de Polonia