Sydney Philip Noe, nado o 4 de abril de 1885 en Woodsbridge, Nova Jersey, e finado o 6 de abril de 1969, foi un bibliotecario e numismático estadounidense especializado na moeda da Antiga Grecia.

Traxectoria Noe naceu o 4 de abril de 1885 en Woodbridge Township, un municipio do condado de Middlesex en Nova Jersey. En 1913 graduouse cun mestrado en Enxeñaría na Universidade Rutgers. Durante a súa estadía na universidade compaxinou os seus estudos cun traballo a tempo parcial na biblioteca, na que se lle pediu que clasificase unhas moedas procedentes dunha doazón, e esa foi a orixe do seu interese pola numismática."Noe, Sydney P. (Sydney Philip), 1885-1969 ". American Numismatic Society.Smith, P. (2020).

Noe ingresou na American Numismatic Society (ANS), de Nova York, en 1915, onde traballou como bibliotecario ata 1938. Nesa institución ocupou o posto de conservador (1938-1947) e foi ascendido en 1947 a conservador, e nomeado en 1953, cando se xubilou, conservador xefe emérito. Na ANS foi tamén secretario (1917-1947) e editor (1921-1945), nunha época en que a Sociedade lanzou dúas importantes series editoriais: Numismatic Notes and Monographs e Numismatic Studies."Profiles in Numismatics, Sydney P. Noe 1885-1969 ". En The Celator. Vol. 13. Nº 7. Xullo de 1999. Páxina 28.

Nas súas investigacións, Noe especializouse na moeda da Antiga Grecia, aínda que tamén amosou interese por outros aspectos da numismática, como as moedas de Massachusetts da época colonial, as fichas comerciais das facendas mexicanas ou achados monetarios nos Estados Unidos, como o do tesouro de Castine.Véxase a sección "Publicacións".

En 1953 foi nomeado membro honorario da Comisión Internacional de Numismática."Les membres honoraires de la CIN, vivants ou défunts ". En Compte rendu 55. 2008. Comission Internationale de Numismatique. Páxina 114.

Sydney Philip Noe faleceu o 6 de abril de 1969 nun hospital de New Brunswick, en Nova Jersey.

Recoñecementos (1937): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York. "Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society. (1949): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1965): Medalla de ouro da American Numismatic Society (polos 50 anos de pertenza)."Sydney P. Noe Medal (1965) ". En Miller, S. H. (2015). Medallic Art of the American Numismatic Society, 1865–2014. American Numismatic Society. Páxina 132. ISBN ISBN 978-0-89722-335-5

Publicacións miniatura|Coin hoards, 1920. Noe foi autor de máis de 40 publicacións, entre monografías e artigos, maioritariamente relativas á numismática grega. Esta é unha escolma das súas monografías máis salientables:"Noe, Sydney Philip 1885-1969 ". Digital Library Numis."Noe, Sydney P. (Sydney Philip) 1885-1969". WorldCat Identities.

miniatura|The medallic work of A. A. Weinman (1921), obra de Sydney P. Noe (1920). Coin Hoards. American Numismatic Society, Nova York. (1921). The medallic work of A. A. Weinman. American Numismatic Society, Nova York. (1925). A Bibliography of Greek Coin Hoards. American Numismatic Society, Nova York. 2ª edición en 1937 (1926). Mende (Kaliandra) Hoard . American Numismatic Society, Nova York. (1927). Coinage of Metapontum, Part 1 . American Numismatic Society, Nova York. (1928). The Chase Architrave. The Chase National Bank of New York. (1935). Thurian di-staters. (1942). The Castine deposit: an American hoard (1943). New England and willow tree coinages of Massachusetts (1947). Oak Tree coinage of Massachusetts (1949). Hacienda Tokens of Mexico. (1950). Alexander coinage of Sicyon . American Numismatic Society, Nova York. (1952). The Pine Tree Coinages of Massachusetts. American Numismatic Society, Nova York. (1956). Two hoards of Persian sigloi. American Numismatic Society, Nova York. (1958). The Coinage of Caulonia . American Numismatic Society, Nova York. (1961). Coinage of Metapontum . American Numismatic Society, Nova York. (1973). An inventory of Greek coin hoards (con M. Thompson, O. Mørkholm e C. M Kraay). International Numismatic Commission. (1974). The silver coinage of Massachusetts. Quarterman Pub. Lawrence, Massachusetts. (1977). Early Cistophoric Coinage. American Numismatic Society, Nova York.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Smith, P. (2020). American Numismatic Biographies. Páxina 266.

Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1969 Categoría:Nados no condado de Middlesex, Nova Jersey Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:American Numismatic Society Categoría:Alumnos da Universidade Rutgers Categoría:Bibliotecarios