miniatura|Mapa da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos é unha das sete áreas sanitarias en que se divide o sistema público de saúde galego. O seu territorio coincide co da provincia de Lugo, e divídese en tres distritos sanitarios: o Distrito sanitario de Lugo, no centro da provincia, o Distrito sanitario da Mariña ao norte da provincia, e o Distrito sanitario de Monforte de Lemos ao sur.
O Distrito sanitario de Lugo abrangue os seguintes concellos: Abadín, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Becerreá, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, O Corgo, Cospeito, A Fonsagrada, Friol, Guitiriz, Guntín, O Incio, Láncara, Lugo, Meira, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, A Pontenova, Portomarín, Rábade, A Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Sarria, Taboada, Triacastela, Vilalba e Xermade. Por outra banda, o Distrito sanitario da Mariña esténdese polos concellos de Alfoz do Castrodouro, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. Por último, os concellos do Distrito sanitario de Monforte de Lemos son Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober.
O Distrito sanitario de Lugo conta co Complexo Hospitalario Universitario de Lugo, que ofrece atención sanitaria a unha poboación de 205.737 cidadáns con tarxeta sanitaria. O Distrito sanitario da Mariña conta pola súa banda co Hospital Público da Mariña que dá servizo aos 65.567 cidadáns con tarxeta sanitaria do distrito. Por último, no Distrito sanitario de Monforte de Lemos, o Hospital Público de Monforte ten adscritas 41.992 tarxetas sanitarias.
Notas
Categoría:SERGAS Categoría:Provincia de Lugo