Shenzhou 9 foi unha misión que levou a cabo o primeiro acoplamento tripulado entre unha nave Shenzhou e unha estación espacial, a Tiangong 1, e a primeira misión chinesa na que voou unha muller, Liu Yang. Foi lanzada o 16 de xuño de 2012 mediante un foguete CZ-2F desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.

Características Shenzhou 9 foi unha misión tripulada que se acoplou á primeira estación espacial chinesa, a Tiangong 1, deshabitada no momento dos acoplamentos. Shenzhou 9 permaneceu en órbita 13 días, durante os cales se fixeron dous acoplamentos e a tripulación levou a cabo diversos experimentos a bordo. A cápsula de retorno retornou a terra o 29 de xuño.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos CZ-2F Shenzhou 1 Shenzhou 2 Shenzhou 3 Shenzhou 4 Shenzhou 5 Shenzhou 6 Shenzhou 7 Shenzhou 8 Shenzhou 10 Shenzhou 11 Shenzhou 12 Shenzhou 13 Shenzhou 14 Shenzhou 15 Shenzhou 16 Tiangong 1

Categoría:Programa Shenzhou