dereita|miniatura|Conidios no extremo dun conidióforo de Hyaloperonospora parasitica. Na micoloxía, un conidio é cada unha das esporas que, na reprodución asexual dos fungos, nacen nun aparello esporífero, do cal se desprenden cando chegan á madureza, aparello deonominado conidióforo.

É unha espora asexual inmóbil formada directamente a partir dunha hifa ou célula conidióxena ou esporóxena. Aparecen en fungos: Zygomycetes, Ascomycetes e algúns Basidiomycetes. O termo Deuteromycetes está en desuso pois a tendencia actual é se referir a estes fungos mediante os grupos principais mencionados aos que pertencen. Aínda que moitas especies de fungos perderon a capacidade de producir estruturas sexuais e reprodúcense só asexualmente, é posíbel situalos nalgún dos grandes grupos de fungos mencionados anteriormente, mediante análise morfolóxica ou molecular. O termo conidio utilízase tamén como sinónimo de exospora, esporas das bacterias fungoides do grupo dos Actinomycetes, como as do xénero Streptomyces.

Os conidios son esporas asexuais que a miúdo están pigmentadas e son resistentes ao desecamento. Os conidios serven para espallar o fungo cara a novos hábitats. Cando estes fórmanse, a cor branca do micelio muda e toma a cor dos conidios que pode ser negra, verde azulada, vermella, amarela ou marrón.

Conidióspora miniatura|240px|Conidios no extremo dun conidióforo en Phialophora verrucosa. Denomínase conidióspora á espora de certos fungos formada por constrición do extremo dunha hifa especial, chamada conidióforo, formando así unha cadea de conidios que, chegando o momento, son liberados polo extremo da hifa.conidióspora no BioDic - Diccionario de Biología .

O termo está formado pola unión das voces conidio e [e]spora.

Formación e tipos As conidiósporas fórmanse en estruturas aéreas especializadas e complexas denominadas conidióforos. As conidiósporas son uninucleadas e todas as esporas que proveñen dunha mesma colonia (homocarióticas) comparten a mesma información xenética. Dependiendo do tipo de micelio no que se xeren as esporas, estas poden seren haploides (n) ou diploides (2n). As colonias xeradas a partir de conidios haploides manifiestan o fenotipo causado polas mutacións recesivas viábeis. Os conidios diploides permiten manter mutacións de perda de función en xenes esenciais ou identificar mutacións dominantes ou relacions de epistase entre diferentes loci.Markina-Iñarrairaegui, Ane (2011): Rutas de transporte núcleo-citoplásmicas en Aspergillus nidulans. CSIC. Centro de Investigaciones Biológicas Margarita Salas (CIB). Universidad Complutense de Madrid.

Notas

Categoría:Termos de micoloxía

Notas