Na mitoloxía grega, Bentesicime (o Bentesicima) era filla de Poseidón e Anfitrite. O seu nome deriva do grego βένθος bénthos, "fondo mariño".Véxase Bentos.
Poseidón tivo numerosa descendencia, e entre os fillos que tivo estaba Eumolpo, nacido de Quíone, filla de Bóreas, o deus do vento do norte. Temerosa de que o soubese o pai, botou ó meniño ó mar, pero Poseidón puido salvalo e levouno a Etiopía a que o criase a súa filla Bentesicime Ou ben, para que o criase a propia Anfitrite na casa de Bentesicime (Graves, px. 188)..
Máis tarde, Bentesicime casouno cunha das súas fillas, pero Eumolpo intentou violar á outra das fillas de Bentesicime, polo que foi enviado ó exilio, en Tracia, xunto co seu fillo Ísmaro, e alí conspirou contra Texirio, rei de Tracia e o seu consogro, polo que tivo que fuxir a Eleusis. Ó final, Eumolpo terminaría chegando a ser rei de Tracia pero morreu a mans de Erecteo, rei de {Atenas. Poseidón enfureceuse pola morte do seu fillo e pediu vinganza a Zeus, e este matou cun raio a Erecteo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Mulleres na mitoloxía grega