miniatura|250px|Tren Celta. O Celta, coñecido anteriormente como Tren Internacional Porto-Vigo, é un servizo ferroviario prestado polas operadoras Comboios de Portugal e Renfe Operadora, que une as cidades do Porto, en Portugal, e de Vigo, en Galicia. O 2 de xullo de 2013, o servizo toma o nome de "Celta" e sofre cambios importantes ó suprimirse todas as paradas comerciais intermedias, o cal reduciu o tempo de viaxe a dúas horas e quince minutos. Case un ano despois, o 1 de xullo de 2014, foron reintroducidas as paradas nas estacións de Valença, Viana do Castelo e Nine (posibilitando o enlace cos trens urbanos con destino a Braga), e mantendo o tempo de viaxe en dúas horas e quince minutos.
Servizo O tren Celta, anteriormente coñecido como tren internacional Porto-Vigo, realiza 2 viaxes en cada dirección por día, empregando as Liñas do Miño e Coruña-Vigo e o Ramal Internacional de Valença, entre as estacións de Vigo-Guixar e Porto-Campanhã. Fai paradas nas estacións de Valença, Viana do Castelo e Nine, todas en Portugal. Permite enlaces con cidades como Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Ourense (na estación de Vigo-Guixar), Braga (na estación de Nine), Aveiro, Coímbra, Santarém, Lisboa e o val do Douro (na estación de Porto-Campanhã). Opera con automotoras das series 592 e 592.2, alugadas por RENFE á compañía ferroviaria portuguesa CP.
Como servizo complementario, realiza tamén un tren rexional, dúas veces en cada dirección por día, operado por RENFE, entre as estacións de Vigo-Guixar e Valença, que facilita as conexións entre as localidades intermedias deste eixo. Fai paradas nas estacións de Redondela de Galicia, O Porriño e Guillarei.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Historia do ferrocarril en Galicia
Categoría:Ferrocarril en Galicia Categoría:Transporte en Portugal