Andrea San Xurxo Martínez, máis coñecida polo seu pseudónimo Andy da Fonte, nada na Pobra do Caramiñal o 4 de febreiro de 2003, é unha artista, poeta, performer, pandereteira, ilustradora, fotógrafa e cineasta galega. A súa escrita conta cunha notábel riqueza léxica e temáticas de corte intimista.

San Xurxo manifesta un carácter solidario e altruista, cun marcado compromiso e ansia activista nas súas redes sociais coa loita de clases, a liberdade das mulleres e da comunidade LGBT+, polos dereitos dos animais e a defensa da lingua galega. Estes valores reflíctense tamén no seu labor humanitario e antiespecista en voluntariados internacionais.

Traxectoria

Comezou a escribir dende moi pequena, incluso antes de saber ler, cando a súa irmán lle soletreaba as palabras que ela lle pedía. Gañou o seu primeiro certame literario aos 13 anos, mentres cursaba 1º da ESO no IES da Pobra do Caramiñal. A autora prioriza o uso do galego na súa escrita, se ben conta con pezas na lingua cervantina como "Agoniza la muerte", poema co que venceu na súa categoría no XXIV Concurso Nacional de Poesía Joven Juegos Florales del Campo de Cartagena no 2018.

Nos seguintes anos continuou acadando numerosos galardóns e desenvolvendo o seu estilo persoal. Entre estes, destaca a súa vitoria por catro anos consecutivos no Certame Escolar de Poesía Rosalía de Castro (edicións IV, V, VI e VII), amosando unha relación de proximidade coa Fundación Rosalía de Castro, e optando a participar no 2019 nas xornadas "Abre a Fiestra" con motivo de celebrar o 134º cabodano da autora do Rexurdimento. Foi aquí onde realizou unha performance poética co tamén poeta Fabián Niño Hernández. Ademais, no I Certame de Poesía Torre de Caldaloba compartiu podio co veterano escritor Xesús Rábade Paredes.

Andy da Fonte foi gañadora por tres anos do Concurso de Poesía Asociación Cultural Albariza de Artes (edicións V, VI e VII), o cal lle abriría as portas a publicar o seu primeiro poemario Memorias dunha estrela sen luz (2021), por iniciativa do Concello de Ribeira que financiaría o proxecto. alt=Luz Fandiño e Andy da Fonte na manifestación polo Día das Letras Galegas, na Praza das Praterías, Santiago de Compostela, 17 de maio de 2023.|miniatura|Luz Fandiño e Andy da Fonte na manifestación polo Día das Letras Galegas, Santiago de Compostela, 2023.

Durante a súa etapa universitaria frecuentou os periódicos recitais e micros abertos celebrados no Modus Vivendi, local nocturno histórico da zona vella compostelá, onde trabara unha profunda amizade coa xa falecida poeta e activista política Luz Fandiño.

Actualmente, estuda Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela e organiza micros abertos que acollen todo tipo de expresión artística no C.S.O.A. Escárnio e Maldizer.

La Voz de Galicia presenta a Andy como "o futuro da poesía d'O Barbanza e de Galicia". Mesmo personalidades do ámbito coma Xosé Luís Méndez Ferrín, afirman que Andy da Fonte é unha digna continuadora de Rosalía.

Obras

Poesía Memorias dunha estrela sen luz (2021). 88 páxs. ISBN 978-8418-287-75-6

Obras colectivas

Quéimase todo o escrito. IV Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, 2016, Fundación Rosalía de Castro XII Certame Literario Concello de Ames, 2016, Concello de Ames Oxalá isto non fose un poema. V Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, 2017, Fundación Rosalía de Castro V Concurso de Poesía Asociación Cultural Albariza de Artes: Poemas premiados, 2018, Concello de Ribeira Curva o espazo e béixame. VI Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, 2018, Fundación Rosalía de Castro 32 e 33 Certame de poesía, 2019, IES María Soliño VI Concurso de Poesía Asociación Cultural Albariza de Artes: Poemas premiados, 2019, Concello de Ribeira Danza primixenia. VII Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, 2019, Fundación Rosalía de Castro Colección Sar: #1 Confinamentos, 2020, IES de Sar VII Concurso de Poesía Asociación Cultural Albariza de Artes: Poemas premiados, 2020, Concello de Ribeira 21 poetas do século XXI, 2021, Aira editorial. 204 páxs. ISBN 978-84-123849-9-4

Premios

1º Premio, 1ª Categoría Poesía, XIII Certame Literario Concello de Ames no 2016. 1º Accésit, 1º ciclo, IV Certame Escolar de Poesía Rosalía de Castro no 2016. 1º Premio, Categoría B Poesía, I Certame Literario Waldorf Meniñeiros de Poesía e Relato Curto no 2017. 1º Premio, Categoría A Poesía, XXIV Certame Literario de Poesía e Narración breve Cambre no 2017. 1º Accésit, 1º ciclo, V Certame Escolar de Poesía Rosalía de Castro no 2017. 1º Premio, 1ª Categoría, XXIV Concurso Nacional de Poesía Joven Juegos Florales del Campo de Cartagena no 2018. 1º Accésit, 2º ciclo VI Certame Escolar de Poesía Rosalía de Castro no 2018. 3º Premio, Categoría A, XXXIII Certame de Poesía María Soliño no 2018. 1º Premio, 3ª Categoría, V Concurso de Poesía Asociación Cultural Albariza de Artes no 2018. 1º Premio, Categoría menores 18 anos, I Certame de poesía Torre de Caldaloba no 2018. 1º Premio, Categoría B, XXVI Certame Literario Xoán Díaz de Cambre no 2019. 1º Accésit, 2º ciclo, VII Certame Escolar de Poesía Rosalía de Castro no 2019. 1º Premio, 3ª Categoría, VI Concurso de Poesía Asociación Cultural Albariza de Artes no 2019. 1º Premio, Categoría 2º ciclo da ESO, Modalidade Poesía, XL Certame Terra Chá no 2019. 1º Premio, 3ª Categoría, VII Concurso de Poesía Asociación Cultural Albariza de Artes no 2020.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Presentación de Memorias dunha estrela sen luz

Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Nados en 2003 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela