Un pasarrúas é unha peza popular de ritmo moi vivo tocada nas rúas por unha banda, unha charanga ou un grupo de gaiteiros.
Características miniatura|dereita|Pasacorredoiras da Fonsagrada Orixinadas probabelmente na Italia do século XVII, os pasarrúas eran inicialmente composicións musicais feitas para desfilar. Son pezas instrumentais, sen acompañamento vocal, que en Galiza empregan normalmente a gaita como instrumento principal. Interprétanse a ritmo de pasodobre rápido e constan de tres tempos de catro a oito compases nos que se fan variacións sobre un motivo principal.
Por extensión, coñécense hoxe en Galiza con este nome a todos os desfiles, festeiros ou reivindicativos, que percorren as rúas con acompañamento musical, normalmente da música tradicional mais tamén de bandas.
Notas
Referencias
Véxase tamén Ligazóns externas
Pasacorredoiras na Folkoteca galega.
Categoría:Música tradicional galega Categoría:Composicións musicais galegas