Karla Avelar, nada en 1978, é unha activista polos dereitos das persoas trans do Salvador. É a Directora Executiva de Comcavis Trans.
Traxectoria Recibiu varias ameazas de morte, e sobreviviu a varios intentos de asasinato. O primeiro intento de asasinato foi en 1992, cando era só unha adolescente, foi capaz de desarmar ó seu asaltante que lle sacou un.45.
En 2008 fundou a organización de apoio ás persoas trans chamada COMCAVIS TRANS, que naceu como a resposta ás necesidades que sentían as mulleres trans que participaban nos distintos grupos de apoio (persoas con SIDA) de sentirse discriminadas, non representadas e non obter a información requirida segundo as súas propias necesidades.
Foi finalista do premio Martin Ennals para Defensores dos Dereitos Humanos no ano 2017.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Comcavis Trans
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados no Salvador Categoría:Activistas LGTB