A das marsileáceas (Marsileaceae) é unha familia de pteridófitas da clase das polipodiópsidas unha das dúas integradas na orde das salviniales.Salviniales Link en Word Fora Online. Consultado o 25 de febreiro de 2021.
Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1802 polo botánico francés Charles-François Brisseau de Mirbel, nun traballo publicado en Hist. Nat. Vég. 5: 126.Marsileaceae Mirb. en Word Fora Online. Consultado o 25 de febreiro de 2021.
Xéneros A familia comprende os seguintes xéneros:Marsileaceae no ITIS. Consultado o 25 de febreiro de 2021.Marsileaceae no NCBI. Consultado o 25 de febreiro de 2021. Marsilea L. Pilularia L. Regnellidium Lindm.
Características miniatura|esquerda|150px|Pilularia globulifera Son plantas acuáticas ou anfibias, rizomatosas, con talos que crecen na superficie do solo ou son subterráneos.O talo principal é longo, arrástrase polo chan e dá lugar a brotes longos ou curtos só nos nós, con pelos adheridos lateralmente, multicelulares. As raíces xorden nos nós e tamén ao longo dos entrenós.Os frondes son dísticos, con pecíolos longos, ás veces filiformes e sen láminas expandidas.Os soros aparecen dentro de corpos duros, esféricos ou reniformes, denominados esporocarpos, que xorden en talos curtos cerca ou na base dos pecíolos.Os esporanxios son de dou tipos, e nacen dentro do mesmo soro e esporocarpo; o macrosporanxio contén unha soa macróspora; os microsporanxios conteñen de 20 a 64 micrósporas.Os gametófitos quedan dentro das esporas; os microgametófitos están formados só por unhas poucas células; os megagametófitos sobresaen das esporas, cada un con cadanseu arquegonio simple.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Novikoff, A. & Barabasz-Krasny, B. (2015): "System of Embryophytes". En: Novikoff A. & Barabasz-Krasny B. Modern Phytomorphology. System of Embryophytes.
Outros artigos Salviniais
Ligazóns externas Water Clover Family. Marsileaceae na EOL.
Categoría:Salviniales