Regnellidium é un xénero monotípico de pteridófitas da clase das polipodiópsidas, orde das salviniais, un dos tres integrados na familia das marsileáceas.Marsileaceae Mirb. en Word Fora Online. Consultado o 26 de febreiro de 2021.Marsileaceae no ITIS. Consultado o 26 de febreiro de 2021.Marsileaceae no NCBI. Consultado o 26 de febreiro de 2021.

Taxonomía Descrición Xénero O xénero foi descrito en 1904 polo botánico sueco Carl Axel Magnus Lindman, nun traballo publicado en Arkiv för Botanik utgivet av K. Svenska Vetenskapsakademien 3 (6): 2.

Especie A súa única especie, Regnellidium diphyllum, orixinaria do Brasil, foi descrita igualmente por Lindman, e publicada no traballo antecitado.

Especie fósil Encontrouse unha especie fósil, †Regnellidium upatoiensis en estratos do Cretáceo do leste dos Estados Unidos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Lupia, R.; Schneider, H.; Moeser, G. M.; Pryer, K. M. & Crane, P. R. (2000): "Marsileaceae Sporocarps and Spores from the Late Cretaceous of Georgia, U.S.A". International Journal of Plant Sciences 161 (6): 975–988. Mabberley, D, J. (197): The Plant‐Book. A portable dictionary of the vascular plants. 2ª ed. Cambridge, Nova York, EUA/Melbourne, Australia: Cambridge University Press. ISBN 0-5214-1421-0.

Outros artigos Salviniais Marsileáceas

Ligazóns externas Regnellidium diphyllum Lindm. na EOL.

Categoría:Salviniales Categoría:Flora de América do Sur Categoría:Plantas descritas en 1904