Lucía César Veloso, nada en Bamio, Vilagarcía de Arousa en 1984, é unha cantareira, pandeireteira, mestra de música e política galega do BNG.

Traxectoria Da parroquia de Bamio, é irmá do ciclista Gustavo César Veloso. Diplomada en maxisterio musical na Universidade de Santiago de Compostela. É cantareira e pandeireteira e forma parte do grupo de música tradicional Malveiras e dá clase de música en diversas asociacións culturais como O Gato Negro ou a Asociación de Mulleres Rurais de Carril.

Nas eleccións municipais de 2015 integrou a candidatura do BNG ao concello de Vilagarcía no número 3 como independente lista que logrou dous concelleiros mais a renuncia en setembro da cabeza de lista, María Villaronga, fixo que entrase na corporación municipal e asemade entrou a militar no Bloque. En 2018 ao deixar Xosé Leirós a portavocía do grupo municipal Lucía César Veloso converteuse na nova voceira. Nas eleccións municipais de 2019 foi a candidadata á alcaldía de Vilagarcía polo BNG . Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1984 Categoría:Concelleiros de Vilagarcía de Arousa Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes